Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Federación de Empresarios Farmacéuticos de Galicia (Fefga), que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Federación de Farmacias de Galicia (Fefga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 2 de agosto de 2002 certificación onde se reflicte a modificación estatutaria da Federación de Empresarios Farmacéuticos de Galicia (Fefga), que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Federación de Farmacias de Galicia (Fefga).

Asinan a certificación que reflicte a dita modificación estatutaria o secretario da federación, Carlos Varela Sánchez-Caballero, avalada co visto e prace da presidenta, Amparo Salgueiro Martínez.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais