Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 2 de setembro de 2002 pola que se lle notifica a Mª Dolores Castromán Santos a formulación de proposta de resolución correspondente ó expediente disciplinario que se lle instrúe por Acordo do 14 de maio de 2002 da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade.

Por medio do presente edicto notifícaselle a Mª Dolores Castromán Santos, ATS do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela,

por ter enderezo descoñecido, o seguinte trámite levado a cabo no expediente disciplinario que se lle instrúe:

Formulación de proposta de resolución, con data do 6 de agosto de 2002, que se atopa á súa disposición nos locais da Asesoría Xurídica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, A Choupana, s/n, edificio B-1ª planta, en Santiago de Compostela, para que a expedientada poida, no prazo de dez días, exerce-lo seu dereito de vista e presente as alegacións que considere pertinentes na súa defensa.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2002.

Susana Carro Varela

Instructora