Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.450

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/149-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: modificación L.M.T., C.T., R.B.T., Seara de Arriba, Mundín.

Situación: Nogueira de Ramuín.

Descricións técnicas: liña a 20 kV aérea 125 m desde a orixe na L.M.T. Os Peares-Luíntra, e continúa subterránea 310 m ata o seu remate no C.T. proxectado en caseta prefabricada con 160 kVA, R/T 20.000/380-220 V en Mundín. Redes aéreas e subterráneas derivadas do C.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 4 de xullo de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense