Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Viveiro, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de maio de 2002, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización en Covas (O Pedregal), rúas perpendiculares á rúa Vicente E. Bouza Basanta, redactado por CEINSA para Herdeiros Rebellón (Molezún Rebollón e Bermúdez de Castro Rebellón), instado no seu nome por Ramón Molezún Rebellón.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio, consonte o artigo 46.1º da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa. Poderá non obstante interpoñerse, con carácter previo e potestativo, recurso de reposición perante o mesmo órgano que dictou o acto, consonte a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (artigos 116 e 117), no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Malia o antedito, poderase presentar, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente.

Viveiro, 19 de agosto de 2002.

César Aja Mariño

Alcalde

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN

SANITARIA