Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución que formula a instructora do expediente sancionador (P-C-01/72 caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución, dictada pola instructora no expediente que por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, tramitándose nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-lo expediente, no Servicio Técnico Xurídico, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 25 de xuño de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: caza P-C-01/72.

Denunciado: José Fontán Fresco.

Domicilio: Lugar Couto de Arriba, 19, Godos-Caldas de Reis.

DNI: 35439374-P.

Feitos denunciados: o denunciado acosaba as pezas de caza con dous cans e un pau de grandes dimensións, dentro do refuxio de fauna do Tecor PO-10187, ó requirirlle-la documentación, carecía da licencia de caza e non é socio do mencionado Tecor.

Data do acordo de incoación: 30-11-2001.

Alegacións á incoación: non presenta.

Data da proposta de resolución: 3-4-2002.

Precepto infrinxido: artigos 57.11º e o 57.35º en relación co artigo 34.9º da Lei 4/1997, de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 120,20 euros.