Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica o acordo de iniciación do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona o acordo de iniciación dictado en expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais segundo o Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da Lei orgánica 1/1992.

Noméase instructora do expediente a Margarita Olmo Bosco, xefa do Servicio de Interior, e secretario a Manuel Jesús César Couso, posto base do grupo A, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma

prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

En cumprimento do artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC) (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) infórmaselle que o prazo máximo para resolver e notifica-lo procedemento é de seis meses contados desde o acordo, de conformidade co artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993; e no suposto do vencemento do prazo sen ter dictada resolución producirase a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións, segundo sinala o artigo 44.2º da LRXPAC.

A Coruña, 8 de agosto de 2002.

P.S. (Decreto 147/2002, do 11 de abril)

Ana Lado Eiriz

Secretaria provincial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: AC-EP 292/2002.

Denunciado: Rafael Saavedra López (DNI 35893641).

Enderezo: Monteagudo, lugar A Cachada, Arteixo.

Establecemento: Lido.

Precepto infrinxido: artigo 23 ñ) da Lei orgánica 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei orgánica 1/1992.

Multa máxima: de 300,51 euros ata 30.050,61 euros.