De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de Sanidade e o Real decreto 1945/1993, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 16.1º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio de potestade sancionadora, dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións; no caso de non presentalas segundo o artigo 13.2º de dito Real decreto 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.
Expediente sancionador: Secretaría 217/02 PLA.
Denunciado/a: Dorian Peluqueros, S.L.
Derradeiro enderezo coñecido: San Pedro de Mezonzo, 17, entresollado. Santiago de Compostela.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: tres mil cinco euros con seis céntimos.
A Coruña, 26 de xuño de 2002.
Mª Blanca García Varela
Delegada provincial da Coruña