Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.317

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 30 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se convoca un concurso de premios entre escolares de niveis non universitarios para a elaboración de debuxos, bandas deseñadas, carteis e relatos curtos sobre a educación do consumidor en conmemoración do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

Con motivo da conmemoración, o 15 de marzo, do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, o Instituto Galego de Consumo e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, conscientes da necesidade de forma-los alumnos/as da Comunidade Autónoma galega na adquisición do espírito crítico que lles permita enfrontarse ás múltiples e diversas ofertas da sociedade de consumo, e elixir de maneira libre e responsable, convocan para o ano 2002 un concurso de premios de debuxos, bandas deseñadas e carteis, e relatos curtos sobre a educación do consumidor na escola, invitando os escolares galegos a reflexionar sobre a sociedade de consumo e a que utilicen como medio a creación artística e literaria.

Por todo isto,

DISPOÑEMOS:

Convocar un concurso de debuxos, bandas deseñadas e carteis, e relatos curtos, en materia de educación do consumidor de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Poderán participar neste concurso tódolos alumnos e alumnas matriculados en centros de niveis educativos non universitarios da Comunidade Autónoma galega.

Segunda.-Os premios distribuiranse do xeito seguinte:

-Un premio para o mellor cartel ou debuxo colectivo do alumnado de educación infantil, dotado con 751,26 euros, dos que 300,50 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para o gañador e 450,76 euros no centro onde cursen os seus estudios os rapaces/as gañadores/as.

-Un premio para o mellor debuxo colectivo realizado por alumnos ou alumnas de 1º e 2º ciclo de educación primaria, dotado con 901,518 euros, dos que 390,66 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para o gañador e 510,86 euros no centro onde cursen os seus estudios os rapaces/as gañadores/as.

Os traballos que concorran ás dúas modalidades anteriores serán colectivos e terán como protagonista a mascota Camaleo, que ensina ós nenos a consumir, interpretada de forma libre, e deberá versar sobre algún tema de consumo.

-Un premio para a mellor banda deseñada colectiva (historia en banda deseñada sobre un tema de consumo) dos alumnos e alumnas do 3º ciclo de educación primaria, dotado con 901,518 euros, dos que 390,66 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para o gañador e 510,86 euros no centro onde cursen os seus estudios os rapaces/as gañadores/as.

-Un premio para a mellor banda deseñada colectiva (historia en banda deseñada sobre un tema de consumo) dos alumnos e alumnas do 1º ciclo da ESO, dotado con 1.051,77 euros, dos que 450,76 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para o gañador e 601,01 euros no centro onde cursen os seus estudios os rapaces/as gañadores/as.

-Un premio para o mellor relato curto de ficción sobre un tema de consumo para os alumnos/as do segundo ciclo da ESO, bacharelato LOGSE, ciclos formativos, formación profesional de 1º e 2º grao, BUP e COU, dotado con 1.202,02 euros, dos que 540,91 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para o gañador ou gañadores e 661,11 euros corresponderán ó centro onde cursen os seus estudios os rapaces/as gañadores/as. Estes relatos curtos terán unha extensión máxima de 4 follas a dobre espacio DIN-A4 por unha soa cara.

-Un premio para o mellor debuxo presentado por alumnos e alumnas de escolas de arte, dotado con 1.202,02 euros, dos que 540,91 euros se investirán na adquisición de material didáctico, lúdico, etc., para o gañador ou gañadores e 661,11 euros serán para a escola onde cursen os seus estudios os rapaces/as gañadores/as. O tema será: 15 de marzo-O Día Mundial do Consumidor.

Os carteis, debuxos e bandas deseñadas terán unhas dimensións máximas de 0,80x0,70 m.

Tódalas cantidades correspondentes ós centros deberán investirse na compra de material didáctico.

Terceira.-O prazo de presentación dos traballos remata o día 31 de outubro de 2002.

Cuarta.-Os traballos deberanse presentar nos servicios centrais ou provinciais do Instituto Galego de Consumo, no modelo que figura como anexo da presente resolución, sendo en todo caso aplicable o disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa actual redacción, dirixidos ó presidente do Instituto Galego de Consumo, xunto cun certificado do centro onde o/os concursante/s efectúe/n os seus estudios, nos que consten os datos do alumno, nivel educativo, curso, ciclo ou modalidade que realiza.

Quinta.-Os premios que se concedan (contía global máxima de 6.010,12 euros), faranse efectivos con cargo á aplicación orzamentaria 08.50.343A.640.0 do Instituto Galego de Consumo, na que existe crédito axeitado e suficiente, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2002.

Sexta.-A concesión dos premios farase por proposta dun xurado nomeado polo presidente do Instituto Galego de Consumo e o director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional.

Sétima.-A decisión do xurado, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, será inapelable e poderá ser declarado deserto calquera premio anunciado ou, se é caso, e se o xurado o determina, ser acumulados entre si, ou compartidos.

Oitava.-A participación no concurso supón a aceptación de tódalas súas bases, así como a cesión do dereito da propiedade no caso dos carteis, bandas dese

ñadas ou debuxos e os traballos de redacción gañadores, nos que poderán introducirse as variacións que se consideren máis axeitadas á súa finalidade.

Disposición derradeira

Nos aspectos non previstos na presente resolución haberá que aterse ó disposto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e na

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ambas na súa actual redacción.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2002.

Víctor Tello CalvoMª Pilar del Mar Pérez Marsó

Presidente do Instituto GalegoDirectora xeral de Ordenación

de ConsumoEducativa e Formación Profesional