Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 05 de setembro de 2002 Páx. 13.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2002 pola que se anuncia concurso para a contratación da obra de renovación do paseo Madorra E.P. 2104 Panxón-Patos (Nigrán).

Obxecto e tipo de licitación: a contratación da referida obra, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, cun tipo de licitación de 276.000 euros, IVE incluído.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: grupo C, subgrupo 2, categoría b; grupo C, subgrupo 3, categoría c, e grupo C, subgrupo 8, categoría c.

Prazo de presentación de plicas: trece días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 10 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono 986 80 41 01.

Pontevedra, 29 de agosto de 2002.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado