Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 05 de setembro de 2002 Páx. 13.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a execución das obras de reforzo do firme na rúa das Cancelas (Barrio das Cancelas), de acordo co proxecto elaborado polo arquitecto municipal do Servicio de Proxectos e Obras.

Tipo de licitación: 106.471,08 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de 2 meses contados a partir da data da acta de comprobación do replaneamento.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Nova, r/ Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Teléfono e fax: 981 59 23 93.

Clasificación: non se esixe.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prego de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil, non sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2002.

Luis Tojo Ramallo

Alcalde