Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 05 de setembro de 2002 Páx. 13.283

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 26 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/223-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Enerfin, S.A.

Domicilio social: praza Manuel Gómez Moreno, s/n, edif. Bronce 6º, 28000 Madrid.

Denominación: subestación a 132/30 kV en Farelo-Monte do Pico.

Situación: Concello de Agolada.

Descricións técnicas: subestación transformadora a 132/30 kV, de 30 MW en Monte do Pico-Farelo, Concello de Agolada, composta por unha posición transformador 132/30 kV, cun transformador de 30 MW, dúas celas de chegada de 30 kV e tres de conexión, trafo auxiliar, aparamenta, sistemas de control, protección e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de xuño de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra