Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 05 de setembro de 2002 Páx. 13.265

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

DECRETO 264/2002, do 4 de setembro, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Consellería de Sanidade, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Con motivo da viaxe do conselleiro de Sanidade, a Hispanoamérica é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.

Durante a ausencia do conselleiro de Sanidade, con motivo da súa viaxe a Hispanoamérica, encárgaselle o despacho dos asuntos da Consellería de Sanidade, desde o día 5 de setembro ata o seu regreso, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, catro de setembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA