Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 04 de setembro de 2002 Páx. 13.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto con trámite de urxencia, da construcción dun minicriadeiro de moluscos no Vicedo (Lugo)

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro-Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

c) Número de expediente: 2002-12-687.

2.Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: construcción dun minicriadeiro de moluscos no Vicedo (Lugo).

b) División por lotes e número: non hai división por lotes.

c) Lugar de execución: O Vicedo (Lugo).

d) Prazo de execución: catro (4) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4.Orzamento base de licitación. Importe total: 185.968 A (cento oitenta e cinco mil novecentos sesenta e oito euros).

5. Garantía provisional: 3.719,36 euros (tres mil setecentos dezanove con trinta e seis euros).

6. Obtención de documentación e información:

a) Documentación:

-Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións na Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña. Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños. Santiago de Compostela-15781. Teléfono: 981 54 61 52. Fax: 981 54 61 38.

-Copistería Copy Nino. Rúa Xeneral Pardiñas, 2-Santiago de Compostela. Teléfono 981 58 89 38.

-Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1667.

-Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación do contratista:

Grupo: J.

Subgrupo: 2 e 4.

Categoría: b.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 61 38) no mesmo día.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

e) Hora: 11 horas.

10. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2002.

Rosa Mª. Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro