De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que o expedientado poida ter coñecemento do contido do inicio do expediente sancionador 80/2002 MAN, por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial de Sanidade de Pontevedra.
Fáiselle saber así mesmo o dereito que o asiste para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días, contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Pontevedra, 22 de xullo de 2002.
Mª Dolores Pan Vázquez
Delegada provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: 80/2002 MAN.
Denunciado e último enderezo coñecido: Manuel Otero Cendín, propietario de Otero Pan, sito en Casares, 3, Lougares, concello de Mondariz (Pontevedra).
Feito denunciado: infraccións en materia sanitaria.
Precepto infrinxido:-Artigo 2.2º.2 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.-Artigo 7 do Real decreto 202/2000, do 11 de febreiro, polo que se establecen as normas relativas ós manipuladores de alimentos.
Precepto sancionador: artigo 35.A) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.
Sanción imposta: 150 euros.