Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 03 de setembro de 2002 Páx. 13.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 26 de agosto de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se lle notifica a Mónica Martínez Mosquera o acordo de incoación de expediente disciplinario.

O 15 de xullo de 2002, o secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

acordou a incoación de expediente disciplinario a Mónica Martínez Mosquera, limpadora do IES Ferrol Vello de Ferrol. Mediante carta certificada con xustificante de recepción, intentouse a notificación do dito acordo, sen que conste a súa recepción pola interesada. En aplicación do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992 (do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), procede a súa notificación por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do seu último domicilio e no Diario Oficial de Galicia. En virtude disto, reprodúcese integramente, para que sirva de notificación á interesada, o texto do acordo de incoación do expediente:

«O 19 de xuño de 2002 ten entrada nesta secretaría xeral escrito da Delegación Provincial da Coruña, do 17 de xuño de 2002, no que se propón a apertura de procedemento disciplinario a Mónica Martínez Mosquera, limpadora do IES Ferrol Vello de Ferrol. Coa dita proposta achéganse escritos do 3-5-2002, 16-5-2002, 20-5-2002, 4-6-2002, 10-6-2002 e 12-6-2002 da directora do IES mencionado.

Vista e examinada a documentación citada, Mónica Martínez Mosquera é presuntamente responsable dos seguintes feitos: incumprimentos da xornada laboral e do horario de traballo; faltas de asistencia; uso inaxeitado do material de traballo; incumprimento das ordes e instruccións dadas polos membros do equipo directivo do centro; e falta de dilixencia e de rendemento na realización das tarefas que lle corresponden.

Por todo isto, de conformidade co disposto no artigo 47.1º.a) do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (publicado no Diario Oficial de Galicia nº 106, do 4 de xuño de 2002) o secretario xeral,

ACORDA:

1. Incoar expediente disciplinario a Mónica Martínez Mosquera, limpadora do IES Ferrol Vello de Ferrol.

2. Designar instructor do dito expediente a José David Fernández Fraga, con destino na sede da Inspección Educativa da Coruña.

3. Designar como secretaria a Josefa Ramil Criado, auxiliar administrativa con destino no IES Leixa de Ferrol».

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2002.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria