Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 13.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 22 de agosto do ano en curso, o estudio de detalle nº 8 das normas subsidiarias de planeamento do concello de Vilanova de Arousa, en cumprimento do disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, queda exposto ó público o expediente nas oficinas municipais, polo prazo dun mes, durante o que poderá ser examinado e formularse contra el cantas observacións ou reclamacións se coiden oportunas.

Insírese este edicto no DOG, no BOP e nun xornal dos de maior tirada de Galicia. O período para exame e presentación de reclamacións iniciarase en todo caso a partir do día seguinte ó da súa inserción no último dos anuncios que se publique.

Vilanova de Arousa, 23 de agosto de 2002.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde