Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 13.177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ILLA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 31 de maio de 2002 aprobou con carácter inicial o estudio de detalle para o reaxuste de aliñacións e rasantes na rúa Testos, redactado polo técnico municipal Fernando Baeza Ordóñez, dispoñendo de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei do solo de

Galicia, a apertura dun período de información pública, polo espacio dun mes, logo da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, estando o expediente á disposición dos interesados na Oficina de Urbanismo do Concello para efectos de examina-la documentación inicialmente aprobada e a formulación das alegacións que considere pertinentes.

A Illa de Arousa, 15 de xuño de 2002.

José Manuel Vázquez Vázquez

Alcalde-presidente