Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 13.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/77-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Iberoitaliana de Pizarras, S.A.

Domicilio social: Sobradelo de Valdeorras, 32330 Carballeda de V.

Denominación: L.M.T., C.T., para canteira oportuna.

Situación: Retela-Carballeda de Valdeorras.

Descricións técnicas: liña a 20 kV aérea de 251 m, con orixe na L.M.T. de Unión Fenosa, S.A. Casaio-Pena Trevinca e remata no C.T. proxectado en caseta con trafo de 315 kVA, R/T 20.000/380-220 V en Retela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 8 de xullo de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense