Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Bertamiráns (urb. A Peregrina).
Situación: Ames.
Descricións técnicas: modificación do proxecto liña de media tensión subterránea a 20 kV, de 860 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm, que parte da L.M.T.S. a C.T. A Peregrina, 19, pasando polo C.T. tipo caseta prefabricada da urb. A Peregrina de 400 kVA e final na mesma liña.
Ramal subterráneo que parte da caseta anterior e final no C.T. grupo escolar Bertamiráns de 550 m en conductor R.H.V. de 240 mm Al. Concello de Ames.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 29 de xullo de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña