Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 12.975

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de xullo de 2002 pola que se convoca procedemento selectivo de acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, quenda de prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas, na especialidade de psicoloxía e pedagoxía.

O artigo 37 da Lei 31/1990, do 27 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 1991, dispón que as probas selectivas de acceso ós corpos, escalas ou especialidades a que se adscriban as prazas correspondentes a postos servidos por persoal laboral e clasificados como propios de persoal funcionarios, poderán incluír unha quenda que se denominará de prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas, no que poderá participa-lo persoal afectado polo establecido na disposición transitoria décimo quinta da Lei de medidas para a reforma da función pública, adicionada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo.

Existindo persoal laboral na especialidade de psicoloxía e pedagoxía, en prazas reservadas a funcionarios, esta consellería acorda anuncia-la seguinte convocatoria:

-Convocatoria do procedemento selectivo de ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario, quenda de prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas, na especialidade de psicoloxía e pedagoxía.

TÍTULO I

Base común 1.-Normas xerais

1.1. Número de prazas.

Convócanse probas selectivas para cubrir 9 prazas, correspondentes ó corpo de profesores de ensino secundario, da especialidade de psicoloxía e pedagoxía, código 590, especialidade 018.

1.2. Normativa aplicable.

Ó presente procedemento selectivo seranlle de aplicación: a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo; o Real decreto 850/1993, do 4 de xuño (BOE do 30), polo que se regula o ingreso e a adquisición de especialidades nos corpos de funcionarios docentes; o Real decreto 575/1991, do 22 de abril (BOE do 23) polo que se regula a mobilidade entre os corpos docentes e a adquisición da condición de catedrático e demais disposicións de aplicación xeral, así como o disposto na presente convocatoria.

Base común 2.-Requisitos dos candidatos

2.1. Poderán participar na presente convocatoria o persoal laboral pertencente ós membros dos extinguidos equipos psicopedagóxicos de apoio e estean no momento da convocatoria prestando servicios da especialidade psicoloxía e pedagoxía nos equipos de orientación específicos, nos departamentos de orientación ou noutro posto, en réxime de comisión de servicios, sempre que non perderan a praza a que resultaron adscritos pola Orde do 20 de agosto de 1998.

2.2. Non poderán presentarse as persoas consideradas no punto anterior que xa accederan ó corpo de profesores de ensino secundario.

Os aspirantes que concorran por esta convocatoria non poderán participar na convocatoria de acceso e ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario que convoque a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Base común 3.-Solicitudes e pagamentos dos dereitos

3.1. Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán presentar instancia por duplicado, conforme o modelo que estará á súa disposición na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais, especificando quenda especial.

Na instancia, que deberá ir acompañada de dúas fotocopias do documento nacional de identidade, consignaranse o código do corpo e disciplina que figura nas bases desta convocatoria.

3.2. As instancias dirixiranse á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, podendo ser presentadas:

a) No rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) En calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de acordo coas condicións establecidas no citado precepto. No caso de que se optase por presenta-la solicitude ante unha oficina de correos, farano en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

3.3. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3.4. Importe e pagamento dos dereitos.

Os dereitos de exame serán os seguintes:

Corpo: profesores de ensino secundario.

Euros: 47,54.

Estarán exentos do pagamento dos dereitos de exame as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33% debidamente acreditada.

O importe dos dereitos de exame, e se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes farase utilizando o impreso de autoliquidación. O dito impreso facilitaráselles ós interesados xunto co impreso de solicitude, debendo formalizarse cos códigos correspondentes.

A non presentación deste anexo dentro de prazo no que figure o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

Base común 4.-Admisión de aspirantes

4.1. Listaxe provisional.

Transcorrido o prazo de presentación de instancias, a Dirección Xeral de Persoal fará pública no Diario Oficial de Galicia a listaxe provisional de admitidos e excluídos. Nesta listaxe aparecerán, cando menos, apelidos, nome e número de documento nacional de identidade dos aspirantes.

4.2. Reclamación contra a listaxe provisional.

Contra a listaxe provisional, os interesados poderán interpoñer, no prazo de 10 días naturais, a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e perante a Dirección Xeral de Persoal, as reclamacións que coiden oportunas, de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

4.3. Listaxe definitiva.

As reclamacións presentadas serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a listaxe

definitiva de admitidos e excluídos, que igualmente se publicará no Diario Oficial de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a presente orde. Cando da documentación que debe presentarse no caso de ser aprobado se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación nestes procedementos.

4.4. Recurso contra a listaxe definitiva.

Contra a resolución que aprobe a listaxe definitiva de admitidos e excluídos, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 115 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

4.5. Reintegro dos dereitos de exame.

Os dereitos de exame serán reintegrados, por petición dos interesados, ós aspirantes que fosen excluídos definitivamente da realización dos procedementos selectivos, por falta dalgún dos requisitos para tomar parte nas devanditas probas.

Base común 5.-Órganos de selección

A selección dos participantes será realizada polo tribunal.

5.1. Tribunal cualificador.

A Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procederá ó nomeamento do tribunal que xulgará o proceso selectivo, e fará pública a súa composición no Diario Oficial de Galicia.

O tribunal estará composto por:

-Un presidente, designado directamente pola Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Catro vocais, designados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria entre funcionarios do corpo de inspectores de Educación.

5.2. Tribunal suplente.

Para o tribunal poderase designar polo mesmo procedemento un tribunal suplente.

5.3. Constitución do tribunal.

5.3.1. Logo da convocatoria do presidente, constituiranse o tribunal, sendo precisa a asistencia do presidente titular, ou, se é o caso, do suplente, e de polo menos, tres vocais.

Na citada sesión acordarán tódalas decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento dos procedementos selectivos.

Actuará como secretario o vocal con menor antigüidade no corpo, agás que o tribunal acorde determinalo doutra maneira.

5.3.2. Salvo que concorran circunstancias excepcionais, que serán apreciadas pola Dirección Xeral de Persoal, unha vez constituído o tribunal só poderán actua-los membros presentes no acto de constitución e bastará coa asistencia de tres deles para a validez das sesións.

5.3.3. A suplencia do presidente será autorizada pola Dirección Xeral de Persoal, segundo corresponda; a dos vocais, polo presidente que vaia actuar, tendo en conta que deberá recaer no vocal suplente respectivo, ou, no seu defecto, nos que o sigan segundo a orde en que figuren na disposición que os nomeou.

5.4. Competencias do tribunal.

Correspóndelle ó tribunal a cualificación da proba a que se refire a base 7 da presente convocatoria e as seguintes:

a) Elaboración, se é o caso, dos exercicios a que alude a convocatoria.

b) Agregación das puntuacións correspondentes ás distintas fases do procedemento selectivo, ordenación dos aspirantes e declaración dos aspirantes que superaron este procedemento.

c) Elaboración e publicación das listas de aspirantes seleccionados, así como elevación destas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

5.5. Adaptación de tempo e medios.

Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas necesarias para que os aspirantes con minusvalideces gocen de similares oportunidades para a realización das probas có resto dos participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con minusvalidez que o soliciten, as adaptacións posibles de tempo e medios para a súa realización.

5.6. Abstención e recusación dos tribunais.

Os membros dos tribunais absteranse de intervir se se desen as circunstancias sinaladas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Do mesmo xeito, de acordo co artigo 11.2º do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño, deberán absterse de actuar aqueles membros que realizasen tarefas de preparación de aspirantes ós procedementos selectivos nos cinco anos anteriores a esta publicación.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior, de acordo co artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

5.7. Categoría do tribunal.

O tribunal que actúe no proceso selectivo estará incluído, para os efectos que prevé o Decreto

144/2001, do 7 de xuño (Diario Oficial de Galicia do 25 de xuño), dentro da categoría primeira.

Base común 6.-Comezo e desenvolvemento das probas

6.1. Comezo.

Estas probas selectivas non darán comezo con anterioridade ó 1 de setembro de 2002.

6.2. Orde de actuación.

A actuación dos aspirantes será realizada pola seguinte orde:

Os aspirantes, por orde alfabética, comezando por aqueles que teñan como inicial do primeiro apelido a letra S, obtida no último sorteo realizado pola Consellería de Presidencia e Administración Pública o día 26 de febreiro de 2002. Se o tribunal non conta con aspirantes nos que o primeiro apelido comece pola letra indicada, iniciarán a orde de actuación coa letra ou letras seguintes.

6.3. Citación dos aspirantes.

Os aspirantes serán convocados, a través do Diario Oficial de Galicia, para o acto de presentación, con 10 días naturais de antelación, como mínimo, indicando data, hora e lugar no que se realizarán este acto.

6.4. Os aspirantes serán convocados para o acto de presentación e para a proba en único chamamento e serán excluídos do proceso selectivo os que non comparezan, salvo nos casos de forza maior debidamente xustificadas e libremente apreciados polo tribunal.

6.5. Unha vez comezado o procedemento selectivo, non será obrigatoria a publicación dos chamamentos individuais dos aspirantes a través do Diario Oficial de Galicia. Estes anuncios deberaos facer públicos o tribunal nos locais onde teñan lugar as probas con 24 horas de antelación.

6.6. Identificación dos aspirantes.

O tribunal poderá requirir en calquera momento ós aspirantes para que acrediten a súa identidade.

6.7. Exclusión dos aspirantes.

En calquera momento do proceso selectivo, se os tribunais tivesen coñecemento de que algún dos aspirantes non posúe a totalidade dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do interesado, deberá propoñe-la súa exclusión á Dirección Xeral de Persoal, poñendo no seu coñecemento as inexactitudes ou falsidades formuladas polo aspirante na solicitude de admisión ós procedementos selectivos para os efectos procedentes.

Contra a exclusión, o aspirante poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Base común 7.-Sistema de selección

7.1. Fase de concurso.

Nesta fase, que en ningún caso terá carácter eliminatorio, valoraranse os méritos que concorran nos

aspirantes ó remate do prazo de solicitudes sinalado no apartado 3 da base 3, conforme o baremo que se inclúe como anexo I, desta convocatoria, de acordo cos documentos presentados polos aspirantes.

Esta valoración será efectuada en nome dos tribunais, por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Poderá estar presente un representante de cada sindicato con presencia na Mesa Sectorial docente non universitaria, con voz e sen voto.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, o punto 3.2 do anexo I será valorado polo propio tribunal.

A puntuación, por puntos farase pública, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais.

Contra esta puntuación poderase presentar reclamación, no prazo de dez días naturais, nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dirixida á Dirección Xeral de Persoal.

Resoltas as reclamacións procederase a publica-la puntuación definitiva de cada aspirante nos distintos puntos do baremo. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

A recuperación da documentación presentada poderán realizala os aspirantes no lugar e durante o prazo que se determine na orde pola que se faga pública a listaxe de aprobados, agás a documentación necesaria para o seu nomeamento como funcionario, sempre e cando non exista interposto recurso por parte dalgún aspirante, pois neste caso poderán ser retidas para efectos de comprobación ou proba. No suposto de non ser retirada no prazo sinalado entenderase que o aspirante renuncia á súa recuperación, decaendo, polo tanto, no seu dereito.

7.2. Fase de oposición.

Consistirá na exposición, á que seguirá, se é o caso, un debate, ambos orais, dun tema da especialidade á que se opte, elixido polo opositor, entre seis extraídos ó chou por el, da parte A do temario, publicado no BOE do 21 de setembro de 1993.

A exposición versará sobre os aspectos científicos do tema.

O candidato disporá de dúas horas para a súa preparación podendo utiliza-lo material que estime oportuno. A exposición terá unha duración máxima dunha hora. A duración máxima do debate será, se é o caso, de quince minutos.

Os tribunais cualificarán esta proba de cero a dez puntos debendo alcanza-los aspirantes para a súa superación un mínimo de catro puntos. A puntuación de cada aspirante será a media aritmética das cualificacións de tódolos membros presentes do tribunal. Cando entre as puntuacións outorgadas polos mem

bros do tribunal exista unha diferencia de tres ou máis enteiros serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, calculándose a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas unicamente será excluída unha delas. Finalizada a proba, os tribunais procederán a sumar, ós aspirantes que a superaron, as puntuacións correspondentes á proba e á fase de concurso e a determinación dos aspirantes que superaron os procedementos selectivos de conformidade co previsto no punto 2 da base 8 da presente convocatoria.

Base común 8.-Superación do procedemento selectivo

8.1. Resultarán seleccionados aqueles candidatos que obteñan un mínimo de catro puntos na proba.

8.2. Orde da relación.

Esta relación farase pública no taboleiro de anuncios do local ou locais nos que teñan lugar as probas.

Contra estas listaxes poderán os interesados interpoñer, de conformidade co disposto nos artigos 107 e 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada ante o director xeral de Persoal.

8.3. En ningún caso os tribunais poderán aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ó das prazas asignadas a cada tribunal. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido neste punto será nula de pleno dereito.

8.4. Publicación da listaxe de aprobados.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará a listaxe de aprobados no Diario Oficial de Galicia.

Base común 9.-Presentación de documentos

9.1. No prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte a aquel no que se faga pública a listaxe de aprobados no Diario Oficial de Galicia, os aspirantes aprobados deberán presentar perante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria os seguintes documentos, se non os tiveran xa presentados:

1. Certificación ou folla de servicios do organismo do que dependan na que se consignen de forma expresa os seguintes datos:

a) Corpo ó que pertence, número de rexistro persoal, se está en servicio activo e praza que ocupa.

b) Lugar e data de nacemento.

c) Título académico que posúen e data de expedición.

Se nas certificacións non se poden facer consta-los datos sinalados nos puntos c), por non estar nos expedientes persoais dos interesados, estes deberán remitir separadamente o documento que os acredite.

9.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presenta-los documentos expresados nas bases anteriores, poderá acreditarse que se reúnen as condicións esixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admisible en dereito.

9.3. Os que dentro do prazo fixado, e salvo os casos de forza maior, non presenten a documentación ou se do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos xerais establecidos na base común 2, non poderán ser nomeados funcionarios de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

9.4. Destino definitivo.

Os aspirantes que superen o proceso selectivo quedarán destinados na mesma praza que veñen desempeñando.

Base común 10.-Nomeamento de funcionarios de carreira

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aprobará o expediente do proceso selectivo e elevará a correspondente proposta de nomeamento como funcionarios de carreira do corpo correspondente ó Ministerio de Educación e Cultura.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Baremo para a valoración de méritos: sistema xeral de acceso.

MéritosPuntosDocumentos xustificativos

1. Traballo desenvolvido.
1.1. Por cada ano como persoal laboral

* Por este subpunto (1.1) non poderán obter máis de 4,000 puntos.

0,500Folla de servicios certificada pola delegación provincial

1.2.

a) Por cada ano de exercicio na función orientadora.

2,000Fotocopia compulsada do nomeamento, con expresión da duración real do cargo.

b) Por cada ano de exercicio como director dun centro público.0,300Fotocopia compulsada do nomeamento, con expresión da duración real do cargo.

c)Por cada ano de exercicio como vicedirector, xefe de estudios, secretario, administrador ou profesor delegado nas seccións de formación profesional e outros cargos directivos.0,200Fotocopia compulsada do nomeamento, con expresión da duración real do cargo.

d) Por cada ano de servicios como cargo directivo na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Ministerio de Educación e Cultura ou departamentos de Educación das restantes comunidades autónomas, con competencias en materia educativa, con categoría de xefe de servicio ou nivel equivalente ou superior.0,300Fotocopia compulsada do nomeamento, con expresión da duración real do cargo.

e) Por cada ano de titor.0,200Certificación do director do centro.

f) Por cada ano como coordinador pedagóxico, coordinador de ciclo/departamento, xefe de departamento, xefe de división, xefe de departamento de normalización.0,200Certificación do director do centro co visto e prace da inspección educativa.

* Por este subpunto (1.2) non poderá obterse máis de 10 puntos.

MéritosPuntosDocumentos xustificativos

2. Cursos de formación e perfeccionamento superados.

2.1. Por cada curso de formación e perfeccionamento convocados polas administracións educativas ou universidades cunha duración non inferior a 30 horas.0,300 ata 1Fotocopia compulsada do certificado de asistencia. De non figura-lo número de horas, deberá xuntarse certificado da autoridade convocante no que se faga consta-la duración en horas.

2.2. Por cada curso de formación e perfeccionamento convocados polas administracións educativas ou universidades cunha duración non inferior a 100 horas.0,600

ata

1,500

Fotocopia compulsada do certificado de asistencia. De non figura-lo número de horas, deberá xuntarse certificado da autoridade convocante no que se faga consta-la duración en horas.

3. Outros méritos.

3.1. Méritos académicos

a) Polo grao de doutor na titulación requirida para ingreso no corpo.0,750Certificación académica, ou fotocopia compulsada do título de doutor.

b) Por premio extraordinario ou de honra na titulación alegada para ingreso no corpo.0,500Certificación académica, ou fotocopia compulsada do título alegado na que conste tal cualificación.

c) Por título de licenciado distinto do alegado para ingreso no corpo.0,500Certificación académica ou fotocopia compulsada do título correspondente.

d) Por outro título de grao medio.0,300Certificación académica ou fotocopia compulsada do título correspondente.

* Por este subpunto non poderá obterse máis de 1,000 punto.

3.2. Publicacións e méritos artísticos:

a) Por publicacións de carácter didáctico sobre a disciplina obxecto do concurso ou direc-tamente relacionadas coa organización escolar.Ata

0,500

Os exemplares correspondentes.

b) Por publicacións de carácter científico sobre a disciplina obxecto do concurso.Ata

0,500

Os exemplares correspondentes.

c) Por premios en exposicións ou concursos de ámbito galego, nacional ou internacional.Ata 0,250Documentos xustificativos destes.

* Por este subpunto non poderá obterse máis de 0,500 puntos.

3.3. Participación en actividades:

Pola participación en cada actividade de reforma, experimentación, investigación, innovación e seminarios permanentes.0,200Documentos xustificativos da participación nas actividades.

* Por este subpunto non poderá obterse máis de 0.500 puntos.