No BOP de Ourense do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para contratación das obras que se relacionan, mediante concurso, en
procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 13 horas do 15º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do Concello de Barbadás. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 13 horas, na casa do concello. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro do Concello de Barbadás, ou por teléfono: 988 36 00 00.
Relación de obras:
-Centro cultural e multiusos en Bentraces, nº 196/POL/2002, con orzamento de 77.552 euros e prazo de execución de 6 meses.
Barbadás, 22 de agosto de 2002.
O alcalde
Rubricado