Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2002 Páx. 12.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación dos servicios necesarios para a execución do proceso derivado da Lei 16/2001, do 21 de novembro, pola que se establece un proceso extraordinario de consolidación e provisión de prazas de persoal estatutario nas institucións sanitarias da Seguridade Social dos servicios de saúde do Sistema Nacional de Saúde (S-275/2002).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: S-275/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicios necesarios para a execución do proceso derivado da Lei 16/2001, do 21 de novembro, pola que se establece un proceso extraordinario de consolidación e provisión de prazas de persoal estatutario nas institucións sanitarias da Seguridade Social dos servicios de saúde do Sistema Nacional de Saúde.

b) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: doscientos mil euros (200.000 euros).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación, edificio administrativo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18, telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Clasificación exigida: grupo III, subgrupo 3, categoría B, ou de acordo co novo regulamento, grupo L, subgrupo 1, categoría B.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data de remate de presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes (concurso): non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9 horas A.M., na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do quinto día natural contado desde a data de finalización de presentación das ofertas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo destes gastos ascende a seiscentos euros (600 euros).

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2002.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde