Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2002 Páx. 12.946

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 372/2001).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV, de 470 m de lonxitude de Ventosa a San Mamede, no termo municipal de Paderne, e de 1.386 m de lonxitude de Morgade a Central Pías, no termo municipal de Irixoa (expediente 372/2001), por resolución desta delegación provincial de data 11 de abril de 2002, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña, esta delegación

ACORDA:

Sinala-los días 24 e 25 de setembro de 2002 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución nos taboleiros de edictos dos concellos de Paderne e Irixoa, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal El Ideal Gallego de datas 28 de novembro,

12 de novembro e 26 de outubro de 2001, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándolle-los os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas das referidas casas dos concellos.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación e, así, dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 17 de xullo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña