Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2002 Páx. 12.937

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de xullo de 2002 pola que se autoriza o centro privado Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús da Coruña para imparti-las ensinanzas correspondentes ós niveis I, II e III, modalidade presencial, da educación básica de adultos en quenda de tarde-noite.

Visto o expediente sobre autorización para imparti-las ensinanzas correspondentes ós niveis I, II e III, modalidade presencial, da educación básica de adultos, en quenda de tarde-noite, no centro privado Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús da Coruña; iniciado ó abeiro do artigo 5 do Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e do punto primeiro.1 da Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), pola que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o dito centro conta con autorización definitiva, por Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG do 8 de marzo), para imparti-la educación secundaria obrigatoria.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en virtude do establecido no artigo 14º do Decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Autoriza-lo centro privado Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús da Coruña para imparti-las ensinanzas correspondentes ós niveis I, II e III, modalidade presencial, da educación básica de adultos, en quenda de tarde-noite, segundo os datos que se relacionan no anexo da presente orde.

Contra a presente disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: Paseo de Ronda, 2.

Denominación: centro privado Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús.

Código do centro: 15004770.

Titular: Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús.

Composición resultante:

a) Centro de infantil: 5 unidades.

b) Centro de primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

d) Centro de bacharelato: 4 unidades.

e) Centro de educación básica de adultos (quenda de tarde-noite):

Nivel I: 1 unidade.

Nivel II: 1 unidade.

Nivel III: 2 unidades.