Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

ANUNCIO de aprobación inicial.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria do 8 de agosto de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación puntual nº 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Santa Comba (A Coruña), redactada pola empresa CEINSA.

Segundo.-Facer público o presente acordo en cumprimento do disposto nos artigos 42.1º, 49 e 50 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e no artigo 161 do Regulamento de planeamento urbanístico, co fin de que os interesados poidan presenta-las alegacións ou suxestións que coiden oportunas, dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos diarios de maior tirada de Galicia.

O expediente pode consultarse na secretaría deste concello.

Santa Comba, 9 de agosto de 2002.

Evaristo Lois Rama

Secretario accidental

José Toja Parajó

Alcalde