Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Nigrán. Expediente nº 2002077C.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: saneamento en rúa Lameiro, regato, Agolada e 1ª travesía Lameiro-Agolada.

Prazo de execución (meses): 4.

3. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 117.012,04 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: no Concello de Nigrán; praza da Constitución, 1, 36350 Nigrán (Pontevedra). Teléfono: 986 36 50 00; fax: 986 38 39 31, ata o remate do prazo de presentación de propostas.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría C.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: no rexistro do Concello de Nigrán, ou mediante outros sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): de acordo co prego de condicións.

9. Apertura das proposicións económicas: na Casa do Concello de Nigrán, ás trece horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Nigrán, 3 de xullo de 2002.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde