Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 1 de agosto de 2002, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador PESAN1 2002/000161-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a resolución do expediente instruído por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (Diario Oficial de Galicia nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

O expediente relacionado a seguir atópase á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo, Concepción Arenal, 8-5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000161-5.

Denunciado: José Ángel Acha Ventoso.

DNI: 35458244-H.

Enderezo: Campo, 13-1º, Vilanova de Arousa.

Precepto infrinxido: 5.3º.

Sanción: 30,50 euros.

De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita delegación territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos o documento de ingreso correspondente.

Vigo, 1 de agosto de 2002.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Vigo