De conformidade co disposto nos artigos 48.1º da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 48.2º, 49º, 50º e 51º do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, esta delegación acorda sinala-lo día 5 de setembro de 2002, ás 11.30 horas na Casa do Concello de Lousame e ás 13 horas na Casa do Concello de Noia, e o día 10 de setembro a partir das 11.30 horas na Casa do Concello de Ames, para que o pagador da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., proceda ós pagamentos do prezo xusto e xuros, por expropiación e imposición de servidumes de paso da liña eléctrica aérea a 220 kV, da subestación Tambre II a subestación Santiago II (expediente 321/1998), ós interesados propostos como titulares dos predios afectados, ós que se lles dirixirá notificación individual para o efecto.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5º da citada Lei de expropiación forzosa.
A Coruña, 17 de xullo de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña