Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2002 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á reforma da cuberta do pavillón polideportivo das Travesas no concello de Vigo e outra máis.

Aprobados os expedientes de contratación que a seguir se identifican, mediante Resolución do 9 de agosto de 2002 , procédese agora a efectua-lo anuncio de licitación deles.

Esta resolución constitúe acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Reforma da cuberta do pavillón polideportivo das Travesas no concello de Vigo (Pontevedra).

a) Prazo de execución: dous meses e medio.

b) Orzamento de execución por contrata: cento cincuenta e cinco mil novecentos trinta e un euros con oitenta céntimos (155.931,80 A).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo C; subgrupo todos; categoría d.

2.2. Construcción de nave para embarcacións no concello de Castrelo de Miño (Ourense).

a) Prazo de execución: tres (3) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: cento cincuenta mil seiscentos oitenta e tres euros cun céntimo (150.683,01 A).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo C; subgrupo todos; categoría d.

3. Garantía provisional.

Dispénsase, en aplicación do disposto no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e o previsto para o efecto no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas, prescricións técnicas e proxecto técnico poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares ós que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados na páxina da Internet (www.xunta.es/contratacion).

5. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na cara do sobre A (Documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23).

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro. 15890 - Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou enviados por correo dentro do prazo de presentación de proposicións, caso no que se deberá cumpri-lo previsto no parágrafo segundo da cláusula 8ª das administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

6. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Depor

te (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890-Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario o custo da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita, ata o importe máximo consignado no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2002.

P.D. (Orde do 11-1-2002)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte