Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.893

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de xullo de 2002 pola que se convocan axudas a alumnos e alumnas que vaian iniciar durante o curso 2002-2003 ensinanzas de formación profesional específica de grao medio, en familias profesionais non vocacionais demandadas polo mercado laboral. Axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

O artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia asígnalle á Comunidade Autónoma a competencia

plena na regulación e administración da ensinanza en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias e sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que o desenvolven.

O Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, traspasa á Comunidade Autónoma de Galicia funcións e servicios da Administración do Estado en materia de educación.

Pola súa banda, o Decreto 213/1998, do 10 de xullo, atribúelle á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, entre outras competencias, o establecemento das normas e orientacións precisas para a efectividade das ensinanzas de formación profesional.

O Plan Galego de Formación Profesional, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia no ano 2001, considera un plan específico de promoción de profesións non vocacionais demandadas no mercado de traballo, para favorece-lo necesario equilibrio entre os profesionais que precisa o mundo laboral e a cualificación dos traballadores. Trátase de potenciar entre a xuventude aquelas familias profesionais e ciclos formativos de grao medio das ensinanzas de formación profesional específica que, aínda sendo pouco demandadas polo alumnado, contan con perspectivas de inserción laboral e, en consecuencia, facilitan a súa incorporación ó primeiro emprego.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Artigo 1º.-Bases xerais.

Convócanse axudas destinadas ó alumnado que inicia no curso académico 2002-2003 algúns dos ciclos formativos de grao medio ou módulos experimentais que se indican na seguinte táboa:

Familia profesionalCiclo formativo de grao medio

Actividades agrarias-CM Traballos forestais e de conservación do medio natural-CM Xardinería-CM Explotacións agrarias extensivas-CM Explotacións agrícolas intensivas

Actividades marítimo-pesqueiras-CM Operación, control e mantemento de máquinas e instalacións do buque-CM Pesca e transporte marítimo

Edificación e obra civil-M2 Albanelería-M2 Cubrición de edificios: lousas-CM Acabados de construcción

Industrias alimentarias-CM Panificación e respostería-CM Elaboración de productos lácteos-CM Elaboración de viños e outras bebidas-CM Conserveira vexetal, cárnica e de peixe

Mantemento e servicios á producción-CM Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e conducción de liñas

Téxtil, confección e pel-CM Confección

Vidro e cerámica-CM Operacións de fabricación de productos cerámicos

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poden solicitar estas axudas ó estudio os alumnos e alumnas que se matriculen por primeira vez no curso 2002-2003 nalgún ciclo formativo de grao medio ou módulos experimentais dos indicados no artigo primeiro desta orde, en centros de educación

secundaria da Comunidade Autónoma nos que as ditas ensinanzas estean sostidas con fondos públicos.

Quedan excluídos destas axudas os alumnos e alumnas que cursen o segundo ano do ciclo formativo e os repetidores.

Artigo 3º.-Contía das axudas.

A contía das axudas individuais será única e poderá ascender ata un máximo de 360 A por beneficiario.

As axudas serán concedidas con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322S.480.1 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, por un importe total máximo de 130.000 A.

O desfrute destas axudas é compatible con outras de carácter xeral con cargo a fondos públicos.

Artigo 4º.-Documentación requirida.

Os solicitantes deberán presentar no centro onde vaian realiza-los estudios de formación profesional a seguinte documentación:

-A solicitude de axuda segundo o modelo que se recolle no anexo I desta orde.

-Fotocopia do DNI.

-Fotocopia cotexada do xustificante de matrícula.

-Anexo II desta orde relativa á declaración do conxunto de tódalas solicitudes de axudas efectuadas ou concedidas, para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes, para o curso 2002-2003.

Artigo 5º.-Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse na secretaría do centro onde o alumno ou a alumna vaia cursa-los estudios. Tódalas solicitudes deberán ter rexistro de entrada no centro dentro do prazo establecido que é con carácter ordinario do 2 ó 30 de setembro.

As secretarías dos centros remitirán a documentación nos cinco días naturais seguintes ó remate do prazo de solicitude á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional (Edificio Administrativo San Caetano, 15771 Santiago de Compostela).

O alumnado que excepcionalmente se matricule con posterioridade ó prazo sinalado disporá de 5 días naturais, contados a partir da data de matriculación no ciclo, para presenta-la solicitude na secretaría do centro. En todo caso, a data límite de presentación de solicitudes será o 28 de outubro. Nos cinco días naturais posteriores a esta data o centro educativo remitirá a documentación deste alumnado á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

Artigo 6º.-Comisión de selección.

A selección das peticións levarase a efecto por unha comisión integrada polas seguintes persoas:

-A subdirectora xeral de Formación Profesional e Educación de Adultos.

-A xefa de servicio de Formación en Empresas e Orientación Laboral.

-O xefe de servicio de Formación Profesional.

-Un membro dos servicios de Inspección Educativa designado pola Inspección Central.

-O director dun centro de educación secundaria que imparta ensinanzas de Formación Profesional específica, designado pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretario con voz e sen voto.

Artigo 7º.-Adxudicación de axudas.

Vistas as solicitudes presentadas e o crédito dispoñible, a comisión de selección elaborará a lista de preseleccionados, relación que se publicará no taboleiro de anuncios do centro onde o alumno presentou a solicitude, abríndose un prazo improrrogable de dez días naturais para efectuar reclamacións, que se presentarán ante a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional. Transcorrido este prazo e unha vez resoltas as reclamacións, a comisión de selección realizará a correspondente proposta de adxudicación das axudas á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional que dictará a oportuna resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia. Contra esta resolución, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, segundo disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común.

Artigo 8º.-Aceptación das axudas.

Nos quince días naturais seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia os beneficiarios deberán remitirlle á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a seguinte documentación:

-Anexo III desta orde relativo á aceptación previa da subvención concedida e ó compromiso de segui-las avaliacións continuas durante o curso 2002-2003.

-Declaración xurada respecto da percepción ou non doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 6 da Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa (Diario Oficial de Galicia do 31 de decembro).

-Certificación bancaria na que consten os datos da entidade e o código da conta na que o beneficiario desexa se lle faga efectivo o pagamento. Nesta conta o beneficiario debe figurar necesariamente entre os titulares.

De non presentarse a citada documentación no prazo establecido enténdese que o beneficiario renuncia á axuda concedida polo que se procederá ó arquivo do expediente.

As solicitudes entenderanse desestimadas de non dictarse resolución expresa no prazo de cinco meses desde a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 9º.-Pagamento das axudas.

As axudas efectuaranse nun só pago, a través de conta ou cartilla de aforro abertas a nome do beneficiario.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Artigo 10º.-Perda da axuda.

O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas nesta orde constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, segundo o disposto no artigo 6 da Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, que modifica o artigo 78º do texto da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

A falsidade dos datos ou a falsificación de documentos que se presenten, calquera que sexa o momento en que se demostre a inexactitude, terá como consecuencia a perda de tódolos dereitos do solicitante e a correspondente devolución da cantidade total percibida, sen prexuízo doutras responsabilidades ás que houbera lugar, logo da apertura do correspondente expediente.

Artigo 11º.-Información.

De acordo co establecido no Regulamento (CE) nº 1159/2000 da Comisión do 30 de maio de 2000 (DO L 130/30 do 31-5-2000), os centros educativos tomarán as medidas oportunas para informar ó alumnado que estas axudas están financiadas nun 65% polo Fondo Social Europeo.

Os directores dos centros educativos arbitrarán as medidas necesarias para que esta orde sexa coñecida por tódolos membros da comunidade educativa e para que os beneficiarios cumpran cos requisitos establecidos. Así mesmo, a inspección educativa asesorará os centros na tramitación desta orde e velará polo seu estricto cumprimento.

Artigo 12º.-Autorización.

Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a desenvolve-lo disposto nesta orde, que entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL