Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2002 Páx. 12.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 29 de xullo de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle da rúa Lisboa, promovido por Asorey Carril, S.L. e Créditos Santa Lucía.

O estudio de detalle ten por obxecto ordenar pormenorizadamente os volumes da edificación permitida polo Plan especial de reforma interior dos Concheiros, Cotaredo, San Lázaro, nos terreos sitos na marxe oeste da rúa Lisboa, no tramo situado entre os puntos de confluencia coas rúas do Coto e As Fontiñas.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de compostela, 19 de agosto de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo