Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2002 Páx. 12.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno, en sesión do 10 de xuño de 2002, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do polígono 2 do solo urbanizable programado número 5 (SUP-5) da Choupana, presentado pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela, S.A. (Emuvissa), e redactado pola empresa UTE Amepro, S.A., Ciesa.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo