Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2002 Páx. 12.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se fai pública a clasificación do monte Montes Baixos de Robledo II, a favor dos veciños do lugar de Robledo, no concello de Carballeda de Valdeorras.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o 29 de maio de 2002, adopta-lo seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común denominado Montes Baixos

de Robledo II, por solicitude dos veciños de Robledo, do concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Resultando que con data 7 de abril de 1999 tivo entrada no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense escrito dirixido ó Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense asinado polos veciños do lugar de Robledo, concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), solicitando que se declare o monte Montes Baixos de Robledo II como veciñal en man común.

Resultando que o xurado provincial, en sesión que tivo lugar o día 15 de decembro de 1999, acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte designando instructores a Manuel Bouzas Costa e Míriam Areal López, que aceptaron tal cargo, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade do Barco de Valdeorras, e remitíndose comunicacións dirixidas ós veciños do lugar de Robledo, á Deputación Provincial de Ourense, ó alcalde do Concello de Carballeda de Valdeorras, á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, á Xerencia Territorial do Catastro, á Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello de Carballeda de Valdeorras, durante o prazo dun mes, segundo consta en dilixencia anotada ó dorso

do edicto polo secretario do citado concello, para que durante o prazo sinalado en edictos os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, e constan presentados:

-Por parte do concello, certificado da cesión do Pleno do 27 de decembro de 2001 relativo á ratificación do texto seguinte:

De conformidade co contido do acordo plenario do 7 de maio de 1998 no que se deixou constancia de que este concello facilitaría a tramitación do expediente, ben que o concello seguirá durante o proceso de tramitación percibindo os productos derivados da ocupación dos predios e revertendo o producto no núcleo de Robledo, compromiso que se cumpre anualmente, acórdase, en consecuencia, non formular alegación ningunha ós referidos expedientes, aínda que se deberá manter con carácter permanente e continuo a servidume de paso da tubaxe de abastecemento a Sobradelo, que na actualidade discorre sobre predios afectados polo expediente, para o cal se deberá redacta-la correspondente memoria na que se detalle a extensión indispensable á que se contrae a dita servidume.

-Por parte de Dolores Anta Corzo, relativa a terreos da súa propiedade que poderían estar afectados pola clasificación. Trasladados os instructores ó concello, en comparecencia cos promotores do expediente e a interesada, compróbanse unha por unha, segundo

a lista do catastro cos planos das parcelas do monte que se pretende clasificar, que as referidas leiras quedan na súa maioría fóra da clasificación, estremando algunhas delas co monte en cuestión.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente se practicou no Rexistro da Propiedade do Barco de Valdeorras como segue:

Anotación preventiva sobre o predio 9.503 de Carballeda, folio 127, libro 58, tomo 515 a favor dos veciños de Robledo.

Resultando que na tramitación do expediente se cumpriron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes:

1. Que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituídos formalmente en entidades municipais;

2. Que, polo tanto, o número de titulares é variable e indeterminado;

3. Que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano;

4. Que o patrimonio e a participación é inalleable, imprescritible e inembargable; e

5. Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio communi dividundo.

Considerando que, segundo informacións e testemuños, resulta que os montes citados son aproveitados e posuídos en réxime de comunidade xermánica polos veciños do lugar de Robledo, no concello de Carballeda de Valdeorras.

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que das informacións recollidas resulta que os veciños do lugar de Robledo están conformes coa clasificación do citado monte como veciñal en man común.

Considerando que, segundo o teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación se iniciou por acordo do xurado, por instancia dos veciños de Robledo e para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro,

así como o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Visto o Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica-lo monte denominado Montes Baixos de Robledo II, de 53 ha 92 a 35 ca aproximadamente en conxunto de superficie, a favor dos veciños do lugar de Robledo, no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), e cos datos que a seguir se relacionan, como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Concello de: Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Monte denominado: Montes Baixos de Robledo II.

Comunidade propietaria: veciños de Robledo.

Superficie: 53 ha 92 a 35 ca aproximadamente en conxunto das 42 parcelas que o integran.

Descrición das características das parcelas que integran o citado monte:

-Parcela nº 1:

Superficie: 9 a 24 ca aproximadamente:

Estremas:

Norte-leste: camiño de Robledo a Carballal e a Follo.

Sur-oeste: conducción da traída de augas do lugar de Robledo.

Norte-oeste: Nicanor Rodríguez Gómez (leira nº 1).

Leste: concello (leira nº 2).

-Parcela nº 2 formada polas 2 2:

Superficie total en conxunto: 31 a 91 ca, aproximadamente:

Nº 2:

Superficie: 31 a 61 ca, aproximadamente:

Estremas:

Norte-leste: conducción da traída de augas do lugar de Robledo.

Sur-oeste: pista principal de subida, pista de enlace da pista principal co camiño a Follo.

Leste: concello (leira nº 2).

Norte-oeste: Nicanor Rodríguez Gómez (leira nº 1).

Nº 2:

Superficie: 30 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte-leste: pista de enlace da pista principal co camiño a Follo.

Norte-oeste: Nicanor Rodríguez Gómez (leira nº 1).

Sur: pista principal de subida.

-Parcela nº 3:

Superficie: 53 a 60 ca, aproximadamente:

Estremas:

Norte-leste: Serafín Méndez Rodríguez (leira nº 1).

Norte-sur-oeste: Serafín Pérez Prieto (leira nº 2).

Sur-oeste: Juan José Lameiro Fidalgo (leira nº 3).

Sur-leste: concello (leira nº 4).

-Parcela nº 4, formada polas 4, 4, 4 :

Superficie total en conxunto, 41 a 71 ca, aproximadamente:

Nº 4:

Superficie: 35 a 36 ca, aproximadamente:

Estremas:

Norte: camiño Ás Carrúas e a Follo.

Sur-oeste: conducción da traída de augas do lugar de Robledo.

Norte-leste: Nicanor Rodríguez Domínguez (leira nº 2).

Leste: Alberto Fernández García (leira nº 3).

Sur-oeste: concello (leira nº 1).

Nº 4:

Superficie: 83 ca, aproximadamente:

Estremas:

Norte-leste-oeste: Alberto Fernández García (leira nº 3).

Sur-oeste: conducción da traída de augas do lugar de Robledo.

Nº 4:

Superficie: 5 a 52 ca, aproximadamente:

Estremas:

Norte: camiño de Robledo a Carballal.

Sur: conducción da traída de augas do lugar de Robledo.

Leste: Pedro Lameiro Fidalgo (leira nº 5).

Oeste: Agustín Anta Couso (leira nº 6) e Manuel Senén Eustaquio ou Carmen Yáñez (leira nº 7).

Sur-leste: Domingo García (leira nº 4).

-Parcela nº 5 formada polas 5, 5, 5, 5.

Superficie total en conxunto, 4 ha 14 a 94 ca, aproximadamente.

Nº 5 :

Superficie: 3 ha 75 a 32 ca, aproximadamente.

Estremas:

Sur: concello (leira nº 2, 5), Pedro Lameiro Fidalgo (leira nº 4).

Leste: Francisco Basteiro Lameiro (leira nº 1).

Sur-leste-oeste: Agustín Anta Méndez (leira nº 3), Lisardo Prieto López (leira nº 6), Onorio Fidalgo Félix (leira nº 9).

Sur-oeste: Jose Fernández García (leira nº 7), Alicia Fernández Rodríguez (leira nº 8), Ángel Vega Rodríguez (leira nº 10), Juan Jose Lameiro Fidalgo (leira nº 11).

Oeste: concello (leira nº 12) e Serafín Méndez Rodríguez (leira nº 13).

Norte: camiño de Robledo a Carballal.

Norte-leste camiño principal.

Nº 5 :

Superficie: 25 a 85 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte-leste: conducción da traída de augas do lugar de Robledo.

Sur-oeste: pista principal.

Sur-leste: Alberto Fernández García (leira nº 15).

Norte-oeste: concello (leira nº 14).

Nº 5 :

Superficie: 13 a 28 ca, aproximadamente:

Estremas:

Norte-leste: conducción da traída de augas do lugar de Robledo.

Sur-oeste: pista principal.

Sur-leste: Manuel Senén Eustaquio ou Carmen Yánez (leira nº 17).

Norte-oeste: Alberto Fernández García (leira nº 15).

Nº 5 :

Superficie: 49 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte-leste: Domingo García (leira nº 16).

Sur-oeste: conducción da traída de augas do lugar de Robledo.

-Parcela nº 6:

Superficie: 1 ha 80 a 88 ca, aproximadamente:

Estremas:

Norte: María Couso Rodríguez (leira nº 5), concello (leira nº 7).

Norte-leste: Amalia Lameiro Fidalgo (leira nº 1), Francisco Basteiro Lameiro (leira nº 2), Ramón Anta Méndez (leira nº 3), Francisco Basteiro Lameiro (leira nº 6).

Sur-leste: camiño da pista principal ó camiño de Robledo a Carballal.

Oeste: Rogelia Fernández Fernández (leira nº 10).

Norte-sur-oeste: Nicanor Rodríguez Gómez (leira nº 11).

Norte-sur-leste: Francisco Basteiro Lameiro (leira nº 12).

Norte-leste-oeste: Manuel Barreda Rodríguez (leira nº 4).

Norte-oeste: Agustín Anta Méndez (leira nº 8), Remedios Yánez García (leira nº 9).

-Parcela nº 7:

Superficie: 9 ha 38 a 46 ca, aproximadamente:

Estremas:

Norte: descoñecido (leira nº 14), Venancio Couso Rodríguez (leira nº 39).

Norte-sur-leste: Francisco Basteiro Lameiro (leira nº 1), Santiago Anta Méndez (leira nº 11), Manuel Barreda Rodríguez (leira nº 15), Alfredo Pérez Fernández (leira nº 16, nº 23).

Norte-sur-oeste: Manuel Barreda Rodríguez (leira nº 13), Salustiano Alonso Fernández (leira nº 31), Jose Cotado Fidalgo (leira nº 32, nº 33), concello (leira nº 34), Secundino García Ojea (leira nº 35).

Norte-oeste: concello (leira nº 36).

Norte-sur-leste-oeste: Venancio Couso Rodríguez (leira nº 37), Concepción García Ojea (leira nº 38).

Norte-leste: Juan Couso Rodríguez (leira nº 40), Manuel Couso Rodríguez (leira nº 41).

Norte-oeste: camiño da pista principal ó camiño de Robledo a Carballal.

Sur-leste: concello (leira nº 26), Manuel Barreda Rodríguez (leira nº 17).

Sur-leste-oeste: Lisardo Fernández García (leira nº 27), Dolores Anta Méndez (leira nº 21), concello (leira nº 29).

Leste: camiño de Robledo a Carballal.

Norte-leste: Juan Couso Rodríguez (leira nº 19), Manuel Barreda Rodríguez (leira nº 20), Pedro Vidal Méndez (leira nº 22).

Leste: María Couso Rodríguez (leira nº 18) e camiño de Robledo a Carballal.

Sur-oeste: concello (leira nº 28).

Oeste: herdeiros de Pedro Arias Losada (leira nº 30) e pista principal de subida.

Constan no interior: Venancio Couso Rodríguez (leira nº 2), Emilio Rodríguez Rodríguez (leira nº 3), Ángel Cotado Escudero (leira nº 4), Alfredo Pérez

Fernández e Serafín Yánez Lameiro (ambos leira nº 5), Nicanor Rodríguez Gómez e Ángel Cotado Escuredo (ambos leira nº 6), María Basteiro Rodríguez (leira nº 7), Carmen Basteiro Rodríguez (leira nº 8 e nº 10), Santiago Anta Méndez (leira nº 9), Indalecio Arias Rodríguez (leira nº 12), Juan Couso Rodríguez (leira nº 24) e Pedro Lameiro Fidalgo (leira nº 25), tal e como se reflicten no plano adxunto.

-Parcela nº 8:

Superficie: 1 ha 23 a 35 ca, aproximadamente:

Estremas:

Norte-leste: herdeiros de Pedro Arias Losada (leira nº 1).

Norte-leste-oeste: concello (leira nº 7).

Leste: Elvira Rodríguez Méndez (leira nº 2).

Sur-leste: Pilar Barba Fernández (leira nº 3).

Sur: Agustín Anta Méndez (leira nº 4), Rogelia Fernández Rodríguez (leira nº 5), concello (leira nº 6).

Oeste-sur: pista principal.

-Parcela nº 9:

Superficie: 37 a 92 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: concello (leira nº 1 e nº 8).

Norte-leste: Lisardo Fernández García (leira nº 7).

Sur: Eladio García Ojea (leira nº 5).

Sur-oeste: Rogelia Fernández Rodríguez (leira nº 2), Arturo Vidal Anta (leira nº 3), Juan Rodríguez Ojea (leira nº 4).

Norte-sur-leste-oeste: concello (leira nº 6).

-Parcela nº 10:

Superficie: 59 a 51 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte-oeste: concello (leira nº 1) e Lisardo Fernández García (leira nº 2).

Norte-sur-leste: camiño de Robledo a Carballal.

Norte-sur-oeste: concello (leira nº 3).

Sur-oeste: José Fidalgo Fernández (leira nº 5) e Pedro Lameiro Fidalgo (leira nº 4).

-Parcela nº 11:

Superficie: 4 ha 24 a 47 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: concello (leira nº 4), Juan Rodríguez Ojea (leira nº 5).

Norte-leste: Amalia Lameiro Fidalgo (leira nº 1), e pista nova, Agustín Anta Méndez (leira nº 8).

Norte-leste-oeste: Manuel Barreda Rodríguez (leira nº 2), concello (leira nº 6).

Norte-sur-leste-oeste: Gervasio Rodríguez Alonso (leira nº 7), Regina Fidalgo Fernández (leira nº 18).

Norte-oeste: camiño novo de Currelos, Salustiano Alonso (leira nº 3).

Sur-leste: Ramón Anta Méndez (leira nº 10), Dolores Anta Méndez (leira nº 11), Manuel Barreda Rodríguez (leira nº 12), Manuel Couso (leira nº 13), Pedro Lameiro Fidalgo (leira nº 14), Amalia Lameiro Fidalgo (leira nº 21 e nº 23), José Fidalgo Fernández (leira nº 22).

Oeste: concello (leira nº 9).

Sur: Lorenzo Fidalgo Fernández (leira nº 18).

Sur-leste-oeste: Alfredo Pérez Fernández (leira nº 15), Belisario Fidalgo Félix (leira nº 24).

Sur-oeste: Manuel Barreda Rodríguez (leira nº 16, nº 17), Pedro Lameiro Fidalgo (leira nº 20), Jose Cotado (leira nº 25).

-Parcela nº 12:

Superficie: 80 a 21 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte-sur-oeste: camiño novo de Currelos.

Sur: Ramón Anta Méndez (leira nº 1).

Leste: concello (leira nº 2).

-Parcela nº 13:

Superficie: 2 a 20 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte-oeste: José Fernández García (leira nº 1).

Sur-oeste: concello (leira nº 2).

Norte-leste: concello (leira nº 3).

-Parcela nº 14 formada polas nº 14, 14, 14:

Superficie en conxunto 7 ha 55 a, 78 ca, aproximadamente:

Nº 14 :

Superficie: 6 ha 97 a 48 ca, aproximadamente:

Estremas:

Norte: louseira Cupire (leira 1 b, nº 4 b).

Leste: descoñecido (leira nº 12).

Sur-leste: louseira Cupire (leira nº 14 e nº 15).

Norte-sur-leste-oeste: Alfredo Pérez Fernández (leira nº 7) e camiño de baixada ó río de Currelos desde o camiño novo de Currelos.

Norte-sur-leste: conducción da traída de augas ó lugar de Robledo e louseira Cupire (leira nº 13).

Oeste: Joaquín Fernández Vázquez (leira nº 9).

Sur-oeste: Alicia Fernández Rodríguez (leira nº 8) e río Currelos.

No interior constan: Santiago Anta Fernández (leira nº 10) e Inés López García (leira nº 11), tal e como se reflicte no plano achegado.

Nº 14:

Superficie 52 a 38 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: louseira Cupire (leira nº 3).

Sur: camiño de baixada ó río de Currelos desde o camiño novo de Currelos.

Leste: louseira Cupire (leira nº 4).

Norte-leste-oeste: Adriano Pérez Blanco (leira nº 5).

Norte-oeste: concello (leira nº 6) e camiño de baixada á louseira Cavorco Escuro.

Nº 14:

Superficie: 1 a 91 ca, aproximadamente.

Estremas:

Leste: Lisardo Fernández García (leira nº 1 a).

Sur: camiños de baixada ó río de Currelos desde o camiño novo de Currelos.

Norte-oeste: louseira Cupire (leira nº 2).

Oeste: louseira Cupire (leira nº 3 e nº 4 a).

Nº 14:

Superficie: 4 a 01 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Lisardo Fernández García (leira nº 16)

Sur-oeste: conducción da traída de auga ó lugar de Robledo.

Leste: camiño de baixada ó río de Currelos desde o camiño novo de Currelos.

-Parcela nº 15:

Superficie: 10 a 75 ca, aproximadamente.

Estremas:

Sur: concello (leira nº 2).

Norte: concello (leira nº 3).

Norte-leste: Alfredo Pérez Fernández (leira nº 1).

Sur-oeste: río de Currelos.

-Parcela nº 16:

Superficie: 94 a 6 ca, aproximadamente:

Estremas:

Norte-oeste: concello (leira nº 1), Lisardo Lameiro Fidalgo (leira nº 2) e río de Candeda.

Sur: concello (leira nº 3).

Sur-leste-oeste: Alfredo Pérez Fernández (leira nº 4).

Norte-sur-leste: camiño de baixada ó río de Currelos.

Sur-oeste: río Currelos.

Leste: camiño de baixada á louseira Cavorco Escuro.

-Parcela nº 17:

Superficie: 99 a 77 ca, aproximadamente.

Estremas:

Leste: Agustín Anta Méndez (leira nº 1).

Sur-leste: Lisardo Fernández García (leira nº 2).

Norte-sur-leste: camiño novo de Currelos.

Norte-sur-oeste: conducción da traída de augas do lugar de Robledo.

-Parcela nº 18 formada polas nº 18, 18, 18:

Superficie: 55 a 60 ca, aproximadamente, en conxunto.

Nº 18:

Superficie: 11 a 44 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: louseira Cupire (leira nº 1 a).

Sur-leste: pista á louseira Cavorco Escuro, Nicanor García Delgado (leira nº 14 b).

Sur: Lisardo Lameiro Fidalgo (leira nº 3 a).

Oeste: concello (leira nº 2).

Leste: Domingo Díaz (leira nº 12 b).

Nº 18:

Superficie: 1 a 74 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte-sur-oeste: pista á louseira Cavorco Escuro.

Sur-leste: Domingo Prieto (leira nº 12 a).

Nº 18:

Superficie: 42 a 42 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: concello (leira nº 11).

Leste: Lisardo Prieto López (leira nº 10), concello (leira nº 8), Adriano Pérez Blanco (leira nº 6), Lisardo Prieto López (leira nº 7).

Norte-oeste: Lisardo Lameiro Fidalgo (leira nº 3 b), louseira Cupire (leira nº 1 b), Lisardo Prieto López (leira nº 13).

Sur: concello (leira nº 4), pista á louseira Cavorco Escuro.

Norte-leste: Santiago Anta Méndez (leira nº 9).

Norte-sur-oeste: Nicanor García Delgado (leira nº 14 a).

Sur-leste: concello (leira nº 5) e camiño de baixada á louseira Cavorco Escuro.

-Parcela nº 19, formada polas nº 19, 19, 19 e nº 19:

Superficie: 2 ha 14 a 47 ca, aproximadamente, en conxunto.

Nº 19:

Superficie: 1 ha 56 a 10 ca, aproximadamente.

Ocupada parcialmente en 10.424 m , pola entulleira da louseira Cavorco Escuro.

Estremas:

Norte-leste: concello (leira nº 1).

Norte-sur-oeste: Lisardo Fernández García (leira nº 2).

Norte: Santiago Anta Méndez (leira nº 4).

Sur: Adriano Pérez Blanco (leira nº 7), empresa louseira Cupire (leira 9ª).

Sur-leste-oeste: Ángel Cotado Escuredo (leira nº 8).

Leste: conducción da traída de auga do lugar de Robledo.

Sur-leste: camiño de baixada ó río desde o camiño novo de Currelos.

Oeste: concello (leira nº 5).

Sur-oeste: Lisardo Prieto López (leira nº 6).

Norte-sur-leste-oeste: empresa louseira Cupire (leira nº 3).

Nº 19:

Superficie: 49 a 9 ca, aproximadamente:

Estremas:

Norte: empresa louseira Cupire (leira nº 13 a).

Oeste: camiño de baixada ó río desde o camiño novo de Currelos, conducción da traída de auga do lugar de Robledo.

Sur: Agustín Anta Méndez (leira nº 10).

Norte-leste: camiño novo de Currelos.

Nº 19:

Superficie: 5 a 31 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: empresa louseira Cupire.

Sur-leste: camiño de baixada ó río desde o camiño novo de Currelos.

Oeste: conducción da traída de auga do lugar de Robledo.

Nº 19:

Superficie: 3 a 97 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte-leste: conducción da traída de auga do lugar de Robledo.

Norte-oeste: camiño de baixada ó río desde o camiño novo de Currelos.

Sur: empresa louseira Cupire (leira nº 9 b).

-Parcela nº 20:

Superficie: 10 a 13 ca, aproximadamente.

Ocupada parcialmente en 663 m, pola entulleira da louseira Cavorco Escuro.

Estremas:

Leste: concello (leira nº 1), Fernando Prieto López (leira nº 4).

Norte-sur-oeste: concello (leira nº 2).

Sur-leste: Lisardo Prieto López (leira nº 3).

-Parcela nº 21:

Superficie: 40 a 62 ca, aproximadamente:

Ocupada parcialmente en 1.764 m, pola entulleira da louseira Cavorco Escuro.

Estremas:

Norte-oeste: concello (leira nº 1).

Oeste: concello (leira nº 2).

Sur-oeste: empresa louseira Cupire (leira nº 3) e concello (leira nº 4).

Sur-leste: concello (leira nº 6).

Leste: Lisardo Fernández (leira nº 5).

-Parcela nº 22:

Superficie: 1 ha 17 a 91 ca, aproximadamente:

Ocupada parcialmente en 5.548 m, pola entulleira da louseira de Cavorco Escuro.

Estremas:

Norte-leste: concello (leira nº 1).

Norte-oeste: concello (leira nº 2).

Leste: conducción da traída de augas do lugar de Robledo.

Sur-leste-oeste: Lisardo Fernández (leira nº 3).

Oeste-sur: concello (leira nº 4).

-Parcela nº 23: formada polas nº 23, 23b, 23:

Superficie total en conxunto 2 ha 25 a 22 ca.

Nº 23:

Superficie: 1 ha 53 a 90 ca, aproxidamente.

Estremas:

Norte: Amalia Lameiro (leira nº 1) e Agustín Anta Méndez (leira nº 2).

Sur: empresa louseira Cupire (leira nº 7).

Sur-leste: camiño novo de Currelos.

Leste: camiño de baixada ó río desde o camiño novo de Currelos.

Norte-oeste: conducción da traída de augas do lugar de Robledo.

Nº 23:

Superficie: 70 a 68 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte-oeste: Domingo García (leira nº 4), concello (leira nº 3).

Sur-oeste: concello (leira nº 6).

Este: conducción da traída de augas do lugar de Robledo.

Nº 23:

Superficie: 64 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte-oeste: camiño de baixada ó río desde o camiño novo de Currelos.

Norte-leste: camiño novo de Currelos.

Sur: empresa louseira Cupire (leira nº 7 b).

-Parcela nº 24 formada polas nº 24, 24.

Superficie: 7 ha 52 a 64 ca, aproximadamente.

Nº 24:

Superficie: 4 ha 72 a 12 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: concello (leira nº 1 e nº 11).

Sur: empresa louseira Cupire (leira nº 2).

Oeste: río Candís.

Sur-leste: pista da louseira Cavorco Escuro.

Nº 24:

Superficie: 2 ha 80 a 52 ca.

Estremas:

Norte: concello (leira nº 10).

Sur: concello (leira nº 3, nº 7).

Leste: Lisardo Prieto López (leira nº 4), concello (leira nº 5).

Sur-leste: concello (leira nº 6, nº 8), Domingo García (leira nº 9) e conducción da traída de auga do lugar de Robledo.

Norte-oeste: pista da louseira Cavorco Escuro.

-Parcela nº 25:

Superficie: 58 a 88 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte-oeste: camiño a Candeda e Domiz.

Leste: camiño de servicio.

Sur: concello (leira nº 2).

Oeste: río Candís.

Sur-leste: concello (leira nº 3).

-Parcela nº 26:

Superficie: 75 a 13 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: camiño de servicio.

Norte-leste: Avelina Anta Corzo (leira nº 2).

Norte-leste-oeste: Santiago Anta Méndez (leira nº 1) e Remedios Yáñez García (leira nº 3) e Pedro Lameiro Fidalgo (leira nº 4).

Leste: pista da louseira Cavorco Escuro.

Oeste: concello (leira nº 5).

Sur: concello (leira nº 6).

-Parcela nº 27:

Superficie: 38 a 42 ca, aproximadamente:

Estremas:

Norte-leste: Inés García Blanco (leira nº 1).

Sur: concello (leira nº 2).

Sur-leste: conducción da traída de auga do lugar de Robledo.

Norte-oeste: pista da Louseira Cavorco Escuro.

-Parcela nº 28:

Superficie: 34 a 51 ca, aproximadamente:

Estremas:

Norte-leste: camiño de Robledo a Domiz.

Norte-oeste: pista da louseira a Cavorco Escuro.

Sur-leste: conducción da traída de auga a Robledo.

Oeste: Contempla García Blanco (leira nº 1).

-Parcela nº 29:

Superficie: 19 a 36 ca, aproximadamente:

Estremas:

Norte: Domingo García (leira nº 2), Joaquín Fernández Vázquez (leira nº 5).

Oeste: Ramona Rodríguez Blanco (leira nº 7), Sabina Lameiro Fidalgo (leira nº 6).

Sur-leste: concello (leira nº 1).

Norte-leste: Secundino Rodríguez Ojea (leira nº 3).

Norte-oeste: terreos propiedade da Igrexa.

-Parcela nº 30:

Superficie: 36 a 46 ca, aproximadamente:

Estremas:

Norte-leste: camiño de Domiz a Robledo.

Norte-oeste: Pedro Lameiro Fidalgo (leira nº 5), concello (leira nº 3), Ramona Rodríguez Blanco (leira nº 4).

Sur-leste: pista á louseira Cavorco Escuro.

Oeste: concello (leira nº 1), Domingo García (leira nº 2).

-Parcela nº 31:

Superficie: 17 a 56 ca, aproximadamente

Estremas:

Norte: camiño de Robledo a Domiz.

Oeste: terreos propiedade da Igrexa (leira nº 6) José López (leira nº 5), concello (leira nº 2), Adriano Pérez Blanco (leira nº 3).

Sur: Secundino Rodríguez Ojea (leira nº 7) e Domingo García (leira nº 8).

Leste: concello (leira nº 1).

Sur-oeste: Concepción García Ojea (leira nº 4).

-Parcela nº 32:

Superficie: 35 a 77 ca, aproximadamente:

Estremas:

Leste: concello (leira nº 2).

Sur: Adriano Pérez Blanco (leira nº 1).

Leste: camiño de Domiz a Robledo.

Norte-leste-oeste: camiño a Candeda.

-Parcela nº 33:

Superficie: 35 a 96 ca, aproximadamente:

Estremas:

Norte: camiño antigo de Robledo a Domiz.

Sur-oeste: camiño de Robledo a Domiz.

Leste: concello (leira nº 1).

-Parcela nº 34:

Superficie: 9 a 5 ca, aproximadamente.

Estremas:

Sur-oeste: camiño de Robledo a Domiz.

Norte-sur-leste-oeste: Concepción Anta Méndez (leira nº 2).

Sur: conducción da traída de auga ó lugar de Robledo.

Norte-oeste: concello (leira nº 1).

Norte-leste: antigo camiño de Robledo a Domiz.

-Parcela nº 35:

Superficie: 26 a 44 ca, aproximadamente:

Estremas:

Norte-oeste: concello (leira nº 16), Alfredo Pérez Fernández (leira nº 9).

Norte: Salustiano Rodríguez (leira nº 8), Adriano Pérez Blanco (leira nº 10 e nº 14), Salustiano Alonso (leira nº 11), Concepción García Ojea (leira nº 12), Vicenta Gómez Blanco (leira nº 15).

Sur-oeste: Concepción Anta Méndez (leira nº 1), Francisca Anta Méndez (leira nº 2), Ramón Anta Méndez (leira nº 3).

Sur: Manuel Couso Rodríguez (leira nº 4), Leoncio Rodríguez Rodríguez (leira nº 5), descoñecido (leira nº 7).

Sur-leste: Remedios Yánez García (leira nº 6).

Norte-leste-oeste: herdeiros de Julia Pérez Prieto (leira nº 13).

-Parcela nº 36:

Superficie: 15 a 91 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte-leste: Vicenta Gómez Real (leira nº 3).

Sur: antigo camiño de Robledo a Domiz.

Leste: Concepción Anta Méndez (leira nº 1).

Norte-sur-leste: concello (leira nº 2).

Oeste: concello (leira nº 6).

Norte-leste-oeste: Isabel Núñez Fernández (leira nº 4).

Norte-oeste: María Couso Rodríguez (leira nº 5).

-Parcela nº 37:

Superficie: 12 a 84 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte-leste: camiño de Robledo a Domiz.

Norte-sur-oeste: camiño a Candeda.

-Parcela nº 38:

Superficie: 54 a 07 ca, aproximadamente:

Estremas:

Norte-leste: Carmen Yánez Lorenzo (leira nº 8), Concepción García Ojea (leira nº 9), Regina Fidalgo Fernández (leira nº 4).

Leste: concello (leira nº 1), Comunal (leira nº 11).

Sur: antigo camiño de Robledo a Domiz, Vicenta Gómez Real (leira nº 3), Secundino Rodríguez Rodríguez (leira nº 10).

Norte-sur-leste: María Couso Rodríguez (leira nº 2).

Sur-leste: Eudosia Fidalgo Fernández (leira nº 5), Jose Lameiro Fidalgo (leira nº 7).

Norte-sur: Engracia Lameiro Fidalgo (leira nº 6).

Oeste: camiño de Robledo a Domiz.

-Parcela nº 39:

Superficie: 16 a 92 ca, aproximadamente:

Estremas:

Norte: antes Lisardo Prieto López (leira nº 3).

Oeste: río de Candís.

Sur-leste: empresa louseira Cupire (leira nº 1).

Leste: concello (leira nº 2).

-Parcela nº 40:

Superficie: 13 a 98 ca, aproximadamente.

Estremas:

Sur-leste-oeste: Gervasio García (leira nº 1).

Leste: camiño novo de Currelos, camiño de Robledo a Domiz.

Norte-oeste: conducción da traída de augas ó lugar de Robledo.

Sur-leste: concello (leira nº 2).

-Parcela nº 41 formada polas nº 41, 41 41:

Superficie: 1 ha 10 a 83 ca, aproximadamente:

Nº 41:

Superficie: 81 a 82 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte-leste-oeste: camiño de Robledo a Carballal.

Sur: pista principal de subida, Venancio Couso Rodríguez (leira nº 5 b), Domingo García (leira nº 3 b).

Oeste: Amalia Lameiro Fidalgo (leira nº 2).

Sur-oeste: Agustín Anta Méndez (leira nº 1).

Sur-leste: Juan Anta Méndez (leira nº 4).

Nº 41:

Superficie: 28 a 23 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: pista principal de subida.

Sur: Alfredo Pérez (leira nº 7).

Sur-leste: José Rodríguez Rodríguez (leira nº 8), Juan Rodríguez Ojea (leira nº 9), Salustiano Alonso Fernández (leira nº 10).

Norte-leste: camiño de Robledo a Carballal.

Sur-oeste: Manuel Couso Rodríguez (leira nº 6).

Nº 41:

Superficie 78 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: pista principal de subida.

Sur-leste: Venancio Couso Rodríguez (leira nº 5 a).

Sur-oeste: Juan Anta Méndez (leira nº 4 a).

-Parcela nº 42:

Superficie: 4 a 91 ca, aproximadamente.

Parcela ocupada na súa totalidade pola entulleira da louseira Cavorco Escuro.

Estremas:

Norte-oeste: Fernando Barba Prieto (leira nº 2).

Sur-oeste: Lisardo Prieto López (leira nº 3).

Sur-leste: Lisardo Fernández (leira nº 4).

Leste: concello (leira nº 1).

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poida figurar inscrito a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíquese esta resolución ó alcalde-presidente do Concello de Carballeda de Valdeorras, ós representantes da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo perante o Xurado Provincial de Claisificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa).

O que por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 29 de maio de 2002.

Míriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense