Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2002 Páx. 12.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación do contrato de servicio de mantemento do Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense. (Expediente 4/02SE).

En cumprimento do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei 13/1995, do 18 de maio, de con

tratos das administracións públicas, faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlle publicidade á adxudicación que se indica de seguido:

-Contratación do servicio de mantemento do Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense. Expediente 4/02SE.

Adxudicatario: SAMYL, S.L.

Orzamento: 189.906,05 euros.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2002.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria