Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2002 Páx. 12.870

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2002 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas, a Agustín Rico Ortega.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 10 de outubro de 2001 (BOE do 26 de outubro), para a provisión da praza número 01/062, de profesor titular de universidade da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade, a favor de Agustín Rico Ortega, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Agustín Rico Ortega profesor titular de universidade da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade.

A Coruña, 31 de xullo de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña