Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2002 Páx. 12.861

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de xullo de 2002 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria número 1 de Oleiros (A Coruña) e do Instituto de Educación Secundaria número 2 do Grove (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 3, punto 1º do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación dos centros que se citan no anexo.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Oleiros.

Localidade: Oleiros.

Código do centro: 15027952.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria nº 1 de Oleiros.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Miraflores.

Provincia: Pontevedra.

Concello: O Grove.

Localidade: O Grove.

Código do centro: 36020271.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria nº 2 do Grove.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria As Bizocas.