Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 27 de agosto de 2002 Páx. 12.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal, en soar situado entre a rúa de Madrid e a baixada á praia de Lavapanos-Sanxenxo.

A Corporación Municipal en Pleno, en sesión que tivo lugar o día 18 de xuño de 2002, acordou prestar aprobación definitiva ó expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, para soar sito entre a rúa de Madrid e baixada á praia de Lavapanos da vila de Sanxenxo.

A modificación puntual aprobada ten por obxecto modifica-las aliñacións, rasantes e volume edificable no soar, ampliando a rúa de acceso á praia de Lavapanos, que pasará de 6 a 9 metros de largo, e non produce incremento na edificabilidade máxima no soar obxecto do proxecto.

O que se fai público para os efectos determinados no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra a presente resolución que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñe-los recursos que seguen:

a) Potestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu o acto administrativo recorrido, polo prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, computado na forma prevista no artigo 48 da Lei 30/1992, segundo redacción dada pola Lei 4/1999.

b) Contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da presente publicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Nembargantes, interposto o recurso de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro, ou se produza a súa desestimación presunta por transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que estime oportuno e sexa procedente interpor.

Sanxenxo, 16 de xullo de 2002.

Telmo Martín González

Alcalde