Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 27 de agosto de 2002 Páx. 12.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ILLA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 14-6-2002, aprobou con carácter inicial o estudio de detalle para a ordenación de volumes e reaxuste de aliñacións e rasantes na rúa O Naval, presentado por Antonio Millán e Juana Torrado, polos técnicos Arturo Dapena Barro e Mariano Vázquez Iglesias, e visado polo COAG o 9 de maio de 2002. Disponse, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, a apertura dun período de información pública polo espacio dun mes, logo da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, e o expediente estará a disposición dos interesados na oficina de Urbanismo do concello para efectos de examina-la documentación inicialmente aprobada e a formulación das alegacións que se consideren pertinentes.

A Illa de Arousa, 19 de xullo de 2002.

José Manuel Vázquez Vázquez

Alcalde-presidente