Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Pipaz e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
a) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito de data 14-12-2001, Jesús Dios Fernández solicitou autorización para transmisión da concesión da batea Pipaz.
Segundo.-O informe do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
b) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993,
do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, por proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería
RESOLVE:
Autoriza-la transmisión inter vivos a favor de Jesús Manuel Dios Rial (35452670-X) da concesión que se indica a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Pipaz.
Situación:
Cuadrícula nº: 103.
Polígono: A.
Distrito: Cambados.
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 14-2-1973.
Remate da vixencia: 12-4-2003.
Actuais titulares: Jesús Dios Fernández (76837068-W) e Josefa Rial Nieto (35404229-F).
Novo titular: Jesús Manuel Dios Rial (35452670-X).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter entregado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 10 de xaneiro de 2002.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)
Paloma Rueda Crespo
Delegada territorial de Vigo