Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Vilar.
Situación: Valdoviño.
Descricións técnicas: modificación da instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T., R.B.T. Vilar, no concello de Valdoviño, consistente na variación do trazado entre os apoios nº 2 e 4, cambiando a posición do apoio nº 3 de formigón e con conductor LA-56, nunha lonxitude de 154 m sen variar ningunha das demais características da liña de 20 kV, así como dos seus apoios. Concello de Valdoviño.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 19 de xullo de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña