Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2002 Páx. 12.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 17 de xuño de 2002, acordou inicia-lo procedemento para a normalización de dúas parcelas sitas entre a casa número 1 da rúa de Triacastela e o edificio número 32 da avenida de Lugo, segundo o proxecto promovido pola mercantil Promociones Concheiros 2000, S.L.

A normalización proposta afecta dúas parcelas catastrais:

a) 81815NH3488A000MU, Promociones Concheiros 2000, S.L.

b) 8181536NH3488A0001QU, Avelino Fernández Morgade e Soledad Barreiro Chamosa.

En cumprimento do que dispoñen os artigos 120.1º do Regulamento de xestión urbanística (RXU) e 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º de Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para os propietarios afectados que, por atopárense en paradoiro descoñecido, non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo