Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2002 Páx. 12.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

ANUNCIO.

No BOP nº 156, do 9 de xullo de 2002, publícanse a convocatoria e as bases que rexerán na oposición libre para prover unha praza de garda da Policía Local do Barco de Valdeorras.

O prazo para a presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que apareza este anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta oposición publicaranse no BOP de Ourense.

O Barco de Valdeorras, 12 de xullo de 2002.

Alfredo L. García Rodríguez

Alcalde