Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2002 Páx. 12.789

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 17 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/191).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Laña-Subres.

Situación: Touro.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea núa de media tensióin, a 20 kV, sobre apoios de formigón, e con conductor LA-56, de 370 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 5 da liña denominada Portodemouros-Touro, treito entre C.T. Cornado e C.T. Novefontes e final no C.T. Laña-Subres, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Laña-Subres, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 335 m de lonxitude, que conecta á rede existente no lugar. No termo municipal de Touro.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 17 de xullo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 02/191Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T., R.B.T. Laña-SubresTermo municipal: Touro

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1O AlargoPradoJesús Brocos RiloSubres-Cornado, 15822 Touro150550

3A QuenllaPradoRamón Becerra PugaSubres-Cornado, 15822 Touro21051.050

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4A QuenllaPradoIsolina Becerra FernándezGrupo Sagarmina, 1-1º esqda., Santucho, 48004 Bilbao14140

5A QuenllaPradoHros. Ramona Choran FernándezCorvite-Novefontes, 15822 Touro335560