Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2002 Páx. 12.785

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE COORDINACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2002, da Secretaría Xeral do Consello de Coordinación Universitaria, pola que se anuncia a data en que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes de corpos docentes universitarios.

Convocada a provisión das prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo adxunto, e dando cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo), e artigo 17 e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (BOE do 27 de abril).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas indicadas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que deben ser elixidos por este procedemento para o día 9 de outubro de 2002, ás 10 horas, realizándose estes polo sistema aprobado pola Comisión Académica do Consello de Coordinación Universitaria na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Estes sorteos celebranse no Consello de Coordinación Universitaria (Cidade Universitaria, s/n, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución, faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Coordinación Universitaria.

Das citadas relacións, e no momento do sorteo, serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade a que corresponda a praza.

-Fosen designados para fomaren parte da comisión titular pola universidade a que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan ás mesma área de coñecemento a que corresponde a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 4 de outubro de 2002, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Coordinación Universitaria (Cidade Universitaria, s/n, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, aplicarase o previsto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que comunico a V.I. para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 15 de xullo de 2002.

José T. Raga

Secretario xeral do Consello

de Coordinación Universitaria

Vicesecretaria xeral do Consello

de Coordinación Universitaria

ANEXO

Concursos convocados por resolución da Universidade da Coruña do 10-10-2001 (BOE do 26 de outubro).

Concurso nº 1/064.

Nº de sorteo: 48.497

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: dereito civil.

Presidente titular: Miguel Ángel Pérez Álvarez.

Vocal secretaria titular: Aurelia Blanco González.

UNIVERSIDADE DE VIGO

Concursos convocados por resolución da Universidade de Vigo do 20-11-2001 (BOE do 11 de decembro).

Concurso nº 97/2001.

Nº de sorteo: 48.595

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: química analítica.

Presidente titular: José Antonio Rodríguez Vázquez.

Vocal secretario titular: Juan Ramón Castillo Suárez.

Concurso nº 98/2001.

Nº de sorteo: 48.596

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía galega e portuguesa.

Presidente titular: Ramón Lorenzo Vázquez.

Vocal secretaria titular: M. Rosario Álvarez Blanco.

Concurso nº 99/2001.

Nº de sorteo: 48.597

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía alemana.

Presidente titular: Carlos Buján López.

Vocal secretario titular: Jorge Jane Carbo.

Concurso nº 100/2001.

Nº de sorteo: 48.598

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: Alberto Gago Rodríguez.

Vocal secretaria titular: Coral del Río Otero.

Concurso nº 101/2001.

Nº de sorteo: 48.599

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: Manuel María Varela Lafuente.

Vocal secretario titular: Juan Carlos Suris Regueiro.

Concurso nº 102/2001.

Nº de sorteo: 48.600

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: Alberto Gago Rodríguez.

Vocal secretario titular: Manuel María Varela Lafuente.

Concurso nº 103/2001.

Nº de sorteo: 48.601

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: Manuel María Varela Lafuente.

Vocal secretario titular: Alberto Gago Rodríguez.

Concurso nº 104/2001.

Nº de sorteo: 48.602

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: Xosé Carlos Arias Moreira.

Vocal secretario titular: Alberto Gago Rodríguez.

Concurso nº 105/2001.

Nº de sorteo: 48.603

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía financeira e contabilidade.

Presidente titular: José Luis Iglesias Sánchez.

Vocal secretaria titular: Asunción M. Ramos Stolle.

Concurso nº 106/2001.

Nº de sorteo: 48.604

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: economía financeira e contabilidade.

Presidente titular: Juan José Durán Herrera.

Vocal secretario titular: Irene Clara Pisón Fernández.

Concurso nº 107/2001.

Nº de sorteo: 48.605

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: didáctica e organización escolar.

Presidente titular: Antonio María Medina Rivilla.

Vocal secretario titular: Alfonso Cid Sabucedo.

Concurso nº 108/2001.

Nº de sorteo: 48.606

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: economía financeira e contabilidade.

Presidenta titular: Irene Clara Pisón Fernández.

Vocal secretaria titular: M. Teresa Sampedro Portas.