Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 23 de agosto de 2002 Páx. 12.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO.

Con data do 30 de xullo de 2002, o pleno corporativo do Concello de Mos acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias municipais no ámbito do solo urbano de San Antoíño. Polo presente anuncio sométese o expediente á exposición pública por un prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, e taboleiro de edictos do concello, para os efectos de que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que estimen convenientes.

Mos, 7 de agosto de 2002.

Ramón Alonso Fernández

Alcalde