A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das
competencias que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, del 5 de abril), da Consellería de Sanidade, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.
c) Número de expediente: 5/2002.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: subministración sucesiva.
b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de implantes de cadeira para o CHUS.
c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOCE nº S-53 do 15-3-2002; BOE nº 69, do 21-3-2002; DOG nº 63, do 2-4-2002.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación:
Importe total: 897.610 A.
5. Adxudicacións:
Lote Data Empresa Nacionalidade Importe adxudicación
Unitario Total
1 13-6-2002 Remeco, S.A. Española 2.454 29.448
2 13-6-2002 Remeco, S.A. Española 3.501 42.012
3 13-6-2002 C.M.M., S.L. Española 1.200 96.000
4 13-6-2002 Remeco, S.A. Española 951 148.356
5 13-6-2002 Comercial Aomedic, S.A. Española 1.190 29.750
6 13-6-2002 Remeco, S.A. Española 2.874 68.976
7 13-6-2002 Comercial Aomedic, S.A. Española 2.130 383.400
8 13-6-2002 Remeco, S.A. Española 1.772 40.756
9 13-6-2002 Comercial Aomedic, S.A. Española 2.104 58.912
En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a presente resolución que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2002.
Javier Jiménez Ferreres
Xerente xeral do Complexo Hospitalario
Universitario de Santiago de Compostela