Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2002 Páx. 12.629

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución de recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona de San Pedro de Vilanova e San Cristovo de Merín (Vedra, A Coruña), devolta polo servicio de correos.

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle á interesada que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por ela mesma, Isabel Martínez Rey, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de San Pedro de Vilanova e San Cristovo de Merín (Vedra, A Coruña).

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2002.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinatario: Isabel Martínez Rey.

Domicilio: Cumbraos-San Pedro de Vilanova, Vedra (A Coruña).

Texto: desestima-lo recurso que contra o acordo de concentración parcelaria da zona de San Pedro de Vilanova e San Cristovo de Merín (Vedra, A Coruña), interpuxo Isabel Martínez Rey, propietaria número 305.

A presente resolución ponlle fin á vía administrativa e contra esta cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses contados a partir da recepción desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar calquera outro que estimen pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente.