Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 20 de agosto de 2002 Páx. 12.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicataria.

Concello de San Cibrao das Viñas.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: realización da obra saneamento en San Cibrao e outros.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: San Cibrao das Viñas, Pazos, Santa Cruz, CN525.

d) Prazo de execución: 5 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento de licitación: 108.773 A (cento oito mil setecentos setenta e tres euros).

5. Garantías.

Povisional: 2% do orzamento base de licitación: 2.175,46 A.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Secretaría do Concello de San Cibrao das Viñas, en horario de 9 a 14 horas.

b) Domicilio e teléfono: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas, praza da Constitución 1. San Cibrao das Viñas. Teléfono: 988 38 10 34. Fax: 988 38 11 01.

c) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate de prazo de presentación de proposicións.

Un exemplar do proxecto e do prego de cláusulas depositaranse na fotocopiadora Puga, situada na zona

universitaria (Ourense) para a obtención de copias polos interesados.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo de presentación: ata o vixésimo sexto (26) día natural contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG de 9 a 14 horas. Se o último día fose inhábil ou sábado o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación, consonte cos modelos que se establecen no dito prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da casa do concello ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas.

b) Data: o terceiro día hábil seguinte (excepto sábados) a aquel o que remate o prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

Os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos do expediente.

Os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

San Cibrao das Viñas, 31 de xullo de 2002.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa