A Comisión de Goberno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 29 de xullo do ano que andamos, aprobou o expediente de contratación da obra que a seguir se relaciona:
1. Obxecto do contrato: execución da obra de pavimentación e servicios na Calella do Muro.
2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
3. Orzamento base de licitación: setenta e catro mil trescentos oitenta e tres euros con cincuenta céntimos (74.383,50 A), de acordo coa seguinte desagregación:
Orzamento de execución material: 53.885,47 A.
Gastos xerais: 7.005,11 A.
Beneficio industrial: 3.233,13 A.
IVE: 10.259,79 A.
4. Garantías.
a) Provisional: mil catrocentos oitenta e sete euros con sesenta e sete céntimos (1.487,67 A).
b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.
5. Obtención de documentación: o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos claustros de San Francisco, avda. de Cervantes, s/n, en horario de 8 a 15 horas.
6. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no último dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o día décimo terceiro coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.
7. Gastos de publicidade: serán pola conta do adxudicatario.
8. Máis información. Teléfono: 982 56 20 47, en horario de 8 a 15 horas. Fax: 982 56 31 56. Correo electrónico: viveiro*fegamp.es
Viveiro, 30 de xullo de 2002.
Justo Vázquez Chao
Alcalde accidental