Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 19 de agosto de 2002 Páx. 12.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de contratación.

A Comisión de Goberno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 29 de xullo do ano

que andamos, aprobou o expediente de contratación da obra que a seguir se relaciona:

1. Obxecto do contrato: execución da obra de pantaláns no porto deportivo de Viveiro.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación: douscentos dez mil trescentos cincuenta e catro euros con vintecatro céntimos (210.354,24 A), de acordo coa seguinte desagregación:

Orzamento de execución material: 181.339,86 A.

IVE: 29.014,38 A.

4. Garantías.

a) Provisional: catro mil douscentos sete euros con oito céntimos (4.207,08 A).

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación: o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos claustros de San Francisco, avda. de Cervantes, s/n, en horario de 8 a 15 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no último dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o día décimo terceiro coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicidade: serán pola conta do adxudicatario.

8. Máis información. Teléfono: 982 56 20 47, en horario de 8 a 15 horas. Fax: 982 56 31 56. Correo electrónico: viveiro*fegamp.es

Viveiro, 30 de xullo de 2002.

Justo Vázquez Chao

Alcalde accidental